Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO HABILITA NOVAS ZONAS PARA O TRÁNSITO DE PEÓNS E A PRÁCTICA DEPORTIVA DURANTE A DESESCALADA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, solicitou a colaboración cidadá para levar a cabo estas medidas que se aplican dende hoxe na cidade
Narón, 8 de maio de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, anunciou a posta en marcha, dende hoxe, dunha serie de medidas encamiñadas a garantir a seguridade cidadá no proceso de desescalada. Unha vez que as medidas de confinamento foron menos restrictivas, permitíndose a saída á rúa a determinadas horas, en función de cada colectivo, os axentes da Policía Local da cidade realizaron un control específico para aplicar algunhas melloras durante o desconfinamento da poboación. Ferreiro avanzou que se recomenda á veciñanza pasear polas beirarrúas do marxe dereito, no sentido da circulación, evitando así que se crucen persoas durante o percorrido e tamén que teñan que baixar ou cambiar de beirarrúa para evitar posibles aglomeracións que poidan favorecer a transmisión da Covid-19 A alcaldesa explicou ao respecto que se contactou co Ministerio de Fomento para solicitar o peche á circulación rodada dun dos carrís de circulación da estrada da Trincheira (FE-11). Tras aceptar a petición do Concello, dende hoxe un dos carrís permanecerá reservado para o tránsito de peóns, o que permitirá incrementar a seguridade vial na zona, por tratarse dunha das que rexistran maior afluencia de persoas durante a desescalada. Outra das medidas, a aplicar a partir de mañá, é o corte á circulación rodada os sábados e domingos de varios viais localizados no sector IV do polígono de Río do Pozo para fomentar nesa zona a práctica deportiva. Eses cortes viarios, tal e como recalcou Ferreiro, estarán debidamente sinalizados. “A Policía Local continuará realizando os controis oportunos para velar polo cumprimento de todas as indicacións vixentes nesta crise sanitaria e iniciarán un plan de control específico para vixiar as zonas con maior afluencia de persoas e evitar aglomeracións e incumprimentos das medidas anunciadas para as sucesivas fases da desescalada”, subliñou a alcaldesa. Ferreiro solicitou a colaboración cidadá “para que poidamos continuar avanzando na desescalada con todas as garantías sanitarias para evitar a posible propagación do coronavirus e retomar pouco a pouco a normalidade no noso día a día”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal