Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
MÁIS DUN CENTENAR DE VECIÑAS E VECIÑOS DO MUNICIPIO PARTICIPARON NA INICIATIVA "EN NARÓN, OS MAIOS AO BALCÓN"
MÁIS DUN CENTENAR DE VECIÑAS E VECIÑOS DO MUNICIPIO PARTICIPARON NA INICIATIVA
As persoas que presentaron Maios a esta iniciativa optaron a un sorteo -realizado esta tarde- de cinco lotes de tres entradas cada un deles para espectáculos do Padroado da Cultura, tal e como anunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro

Narón, 9 de maio de 2020. O Padroado da Cultura de Narón e a Sociedade Cultural Areosa organizaron este ano unha nova iniciativa para conmemorar na cidade a celebración dos Maios: “En Narón, os Maios ao balcón”. A actual crise sanitaria condicionou o programa desta festividade, cunha gran tradición na cidade e que alcanzou este ano a vixésimo terceira edición. Aínda así, tal e como asegurou a alcaldesa, Marián Ferreiro, “estamos moi agradecidos pola implicación das nosas veciñas e veciños, que enviaron un total de 115 imaxes ou vídeos dos seus Maios, dependendo da elección de cada un, a esta nova iniciativa”. Esta mesma tarde fíxose público o nome das persoas agraciadas no sorteo de cinco lotes de entradas para espectáculos do Padroado da Cultura -tres entradas por cada lote- que se programen no inicio da tempada. A alcaldesa anunciou que as entradas serán para Isabel Tojeiro Luaces, Ramón Dopico e Sabela Folgar (que presentaron un Maio), Manuela Márquez, Soraya Pita Freire e Silvia Bogo.
Os balcóns e fiestras de varias vivendas da zona urbana e rural do municipio luciron nos últimos días os 115 Maios realizados pola veciñanza, e nos que tal e como se amosa nas imaxes, se implicaron tanto os nenos e nenas como as persoas de máis idade, seguindo unha tradición coa que se festexa a chegada da primavera. Flores e outros elementos vexetais, cartulinas, froitas, pinturas… e outros materiais que tiñan nas súas casas serviron para elaborar os floridos Maios deste ano.
Con todos os Maios dos que se enviaron vídeos ou fotografías ao Padroado da Cultura de Narón editáronse varios vídeos –inicialmente estaba previsto facer un pero debido á elevada participación realizáronse tres- nos que se amosan todos os traballos realizados pola veciñanza e os seus protagonistas. Os dous primeiros poden verse xa na páxina de Facebook do Padroado da Cultura de Narón e estarán tamén dispoñibles no do Concello de Narón.
“Quero agradecer unha vez máis a colaboración da Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, nesta nova edición dos Maios e, como non, a de todas as veciñas e veciños que fixeron posible que este ano, nesta crise sanitaria que estamos vivindo, puidésemos celebrar esta festividade, manténdoa igualmente viva na nosa cidade e que o vindeiro ano poderemos volver a festexar xuntos polas rúas da nosa cidade”, asegurou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
21
22
23
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal