Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PADROADO DA CULTURA REEMBOLSARÁ A PARTIR DE MAÑÁ O IMPORTE DAS ENTRADAS DOS ESPECTÁCULOS CANCELADOS POLA CRISE DA COVID-19
O PADROADO DA CULTURA REEMBOLSARÁ A PARTIR DE MAÑÁ O IMPORTE DAS ENTRADAS DOS ESPECTÁCULOS CANCELADOS POLA CRISE DA COVID-19
A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, indicou que se cancelaron catro espectáculos
Narón, 10 de maio de 2020. A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura de Narón, Marián Ferreiro, asegurou que se está traballando para tratar de manter a celebración dos espectáculos culturais programados dende o citado organismo para este ano. “No caso de que non se poidan manter na carteleira da programación procederemos a realizar as cancelacións dos mesmos, devolvendo aos espectadores que adquirisen as entradas o importe das mesmas do mesmo xeito no que se realizou o abono, por pasarela, con reembolso na propia conta dende a que se abonaron ou a través da billeteira do Pazo, en efectivo ou con tarxeta bancaria”, explicou. As devolucións poderán solicitarse a partir de mañá, día 11, en horario de 9.30 a 13.30, solicitando cita previa a través do número de teléfono 981 102 897.
Ferreiro informou que na actualidade xa está confirmado o aprazamento de catro espectáculos: “Unha noite na praia”, con Xosé Antonio Touriñan e Carlos Blanco; “Señor Ruiseñor”, de Els Joglars; “Sé infiel y no mires con quien” da compañía Pentación Teatro e “Cold Play Kids”, de Tertulia Producción.
As datas nas que se celebrarán os espectáculos aprazados anunciaranse a medida que se vaian concretando, tal e como apuntou a alcaldesa, que avanzou que tamén se anunciarán outras novas propostas para a vindeira tempada no Pazo da Cultura.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
21
22
23
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal