Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MEDIO CENTENAR DE RAPAZAS E RAPACES PARTICIPARON NA INICIATIVA "APERTA ABERTA" IMPULSADA DENDE O CONCELLO
O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, recordou que a través desta proposta os participantes poden compartir as súas experiencias, xogos e gozar dalgunhas sorpresas
Narón, 13 de maio de 2020. O Concello de Narón continúa desenvolvendo a iniciativa “Aperta aberta”, impulsada dende a Concellería de Seguridade Cidadá, que dirixe o edil Román Romero. Dende que se comezou, o pasado 22 de abril o equipo de Educación Viaria xa mantivo un total de dez videoconferencias con rapazas e rapaces de Narón e tamén doutros concellos. O edil naronés convidou a aqueles que aínda non participaron e que desexen facelo a solicitalo a través do correo electrónico: seguridadevial@naron.es. Medio centenar de menores participaron xa nas sesións, ás que en moitos casos se suman finalmente familiares dos inscritos. “As sesións realízanse por Skype, e a través das mesmas poñemos en contacto a menores de Narón, a partir de 3 anos, con outros amigos e amigas cos que poder compartir as súas experiencias nestes tempos que estamos vivindo e tamén realizar algúns xogos entre eles e gozar dalgunhas sorpresas”, explicou Romero. O edil naronés recordou que dende o comezo das sesións, coordinadas polo equipo de Educación Viaria, que participa en todas, colaboraron coa iniciativa recoñecidos profesionais, como Sabela, a pontesa que participou en Operación Triunfo; o futbolista Juan Domínguez; a escritora Inma López, e tamén outros profesionais como unha inspectora do Corpo Nacional de Policía, un bombeiro… “Quero agradecer a colaboración de todas esas persoas que desinteresadamente están adicando parte do seu tempo a dar unha agradable sorpresa aos rapaces e rapazas que participan en “Aperta aberta”, explicándolles polo miúdo o traballo que realizan nas súas respectivas profesións”, asegurou. Cada semana organízanse tres ou catro videoconferencias, que soen ter unha duración de hora e media e nas que poden participar un máximo de cinco menores. “Animamos aos rapaces e rapazas que queiran participar a que o soliciten previamente para sumarse á iniciativa e recibir un agasallo pola súa implicación nesta novidosa proposta”, apuntou Romero.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal