Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO REPARTIRÁ MÁIS DE 400 LIBROS E UN MILLAR DE BOLSAS PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O CONCELLO REPARTIRÁ MÁIS DE 400 LIBROS E UN MILLAR DE BOLSAS PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
A Biblioteca municipal e oito librarías da cidade implicáronse nesta iniciativa, tal e como indicou a alcaldesa, Marián Ferreiro
Narón, 15 de maio de 2020. O Concello de Narón entregará varios agasallos para conmemorar este ano o Día das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio, xornada na que se homenaxeará ao escritor galego Ricardo Carvalho Calero. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, avanzou que dende a Biblioteca municipal se fará chegar aos centros educativos e aos Centros Cívicos Sociais e Culturais do Concello –nestes últimos casos unha vez reabran á cidadanía- un exemplar do libro “De Carballo Calero a Carvalho Calero: biografía, escolma de textos, guías de lectura, actividades e xogos”, editado por Hércules Ediciones.
A maiores, tamén se entregarán nos días previos e durante a vindeira semana un exemplar de literatura infantil ou xuvenil –segundo a idade- aos usuarios e usuarias do bono social do Servizo Sociocomunitario e do servizo de impresión de documentos escolares, menores de 3 a 16 anos. “En total repartiremos algo máis de 400 exemplares en galego para conmemorar o Día das Letras Galegas, facendo partícipes desta data a persoas de tódalas idades e recordando a figura de Ricardo Carvalho Calero, un dos escritores galegos do século XX máis destacados no mundo da cultura, cunha dilatada traxectoria literaria e natural do veciño municipio de Ferrol”, recordou Ferreiro.
A alcaldesa recordou que dende o pasado luns, día 11, reabriuse a Biblioteca municipal para os servizos de préstamo e devolución de material, dos que fixeron xa uso –ata o día de onte- un total de 81 persoas, que levaron 161 documentos das instalacións esta semana. As persoas que se acheguen a realizar algún destes trámites deberán cumprir as recomendacións sanitarias establecidas para a prevención da Covid-19.
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón tamén se suma ás iniciativas enmarcadas no Día das Letras Galegas, e repartironse bolsas cun deseño sobre a figura de Ricardo Carvalho Calero entre as oito librarías do municipio que colaboran nesta proposta: Day, Nova, Contos, Nany, Merche, Albatros, Fina e Pasapáxina. Nestes establecementos entregaranlles as bolsas a todas as persoas que merquen algo alí.
As mesmas bolsas conmemorativas do Día das Letras Galegas tamén se entregarán ás persoas que leven algunha publicación en préstamo da Biblioteca municipal.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2020 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
20
21
22
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal