Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO RECIBIU EN TRES DÍAS MÁIS DE MEDIO MILLEIRO DE SOLICITUDES PARA ACOLLERSE ÁS SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA "NARÓN IMPULSA"
O CONCELLO RECIBIU EN TRES DÍAS MÁIS DE MEDIO MILLEIRO DE SOLICITUDES PARA ACOLLERSE ÁS SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, recordou que o programa se dirixe a pequenas empresas, microempresas e autónomos e aposta polo mantemento da actividade e o emprego
Narón, 16 de maio de 2020. Un total de 515 persoas solicitaron acollerse ás subvencións do programa municipal “Narón impulsa” nos primeiros tres días trala apertura do prazo para tramitalas. Así o anunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que recordou que se trata dunha iniciativa dirixida a pequenas empresas, microempresas e autónomos asentados na cidade co obxectivo de paliar os efectos negativos derivados da crise do coronavirus. O Boletín Oficial da Provincia publicou o pasado martes, día 12, o anuncio deste programa, establecéndose un prazo de vinte días hábiles –contados dende o mércores 13- para presentar as solicitudes a través da Sede Electrónica de Narón (sedeelectronica.naron.es), donde tamén se pode consultar toda a documentación.
A alcaldesa recordou que “destinamos unha partida de tres millóns de euros a este programa, unha contía que no caso de que sexa preciso incrementaremos para que poidan acollerse ao mesmo todas aquelas empresarias e empresarios da nosa cidade que cumpran cos requisitos establecidos”.
“Moitas empresas da nosa cidade tiveron que cesar na súa actividade tras decretar o Goberno central o estado de alarma ante esta crise da Covid-19 e noutros casos puideron abrir pero a súa facturación mermou considerablemente, polo que dende o Concello consideramos prioritario ofrecer, na medida do posible, algún tipo de axuda que, cando menos, poida axudarlles a paliar esta situación”, explicou Ferreiro.
As contías que poderán recibir as empresas son de 2.000 euros para aquelas persoas físicas ou xurídicas sen persoal por conta allea ao seu cargo ou con ata dous traballadores/as (inclusive); de 3.000 para persoas físicas e xurídicas con entre 3 e 9 traballadores/as (incluído) e, por último, de 4.000 euros para o mesmo colectivo pero cun cadro de persoal de entre 10 e 49 empregados/as (inclusive), en todos os casos, co citado plantel a data de 1 de marzo deste ano.
“Queremos inxectar certa liquidez ás empresarias e empresarios que máis están padecendo os efectos desta crise na nosa cidade, sempre que cumpran os requisitos establecidos para poder acceder a estas subvencións, encamiñados a manter a súa actividade e tamén os postos de traballo”, subliñou a alcaldesa.
A rexedora local recordou que aquelas empresarias e empresarios que desexen recibir máis información poden, ademais de consultar a Sede Electrónica do Concello, chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 1123) ou escribir un correo electrónico á dirección: a.lagoa@naron.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2020 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
20
21
22
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal