Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ADQUIRE O MUIÑO DE XUVIA PARA REHABILITALO E POÑELO A DISPOSICIÓN PÚBLICA
O goberno municipal pagou un total de 311.000 euros ós anteriores propietarios
Narón, 27 de Abril de 2009.- A Casa Consistorial acolleu hoxe ás 11:30 horas a firma da acta de pago de xustiprezo, fixado polo Tribunal de Expropiación, para a compra do Muiño de Xuvia por parte do Concello de Narón. O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Manuel Ramos, foi o encargado de escenificar xunto cos propietarios do inmoble o cambio de titularidade, entregándolles un total de 311.000 euros. A pesares de que os beneficiarios poden alegar xustiprezo, o Concello é dende hoxe o propietario legal do emblemático muiño. Agora que esta instalación é propiedade pública, o Concello agarda por unha memoria valorada –xa encargada- para arranxar a estructura do inmoble (fundamentalmente o tellado, as portas e fiestras, e tamén a pedra que rodea as súas paredes). Para acometer esta actuación, o goberno municipal ten unha reserva de crédito de 250.000 euros. A rehabilitación do Muiño de Xuvia deberá contar co permiso da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta, quen recibirá do Concello a memoria da actuación que se pretende realizar. A administración autonómica deberá autorizar a intervención, ó tratarse dun espazo protexido. Unha vez que esta obra se leve a cabo, o seguinte paso será actuar sobre as tres prantas das que dispón este muiño, para devolvelo ó seu aspecto orixinal. O emblemático inmoble foi concebido no século XVIII coma un muiño fariñeiro, abastecendo, entre outros á Armada Española.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal