Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO REFORZA A ATENCIÓN CIDADÁ CUN SERVIZO DE SOLICITUDE DE CITA PREVIA OPERATIVO A PARTIR DE MAÑÁ
O CONCELLO REFORZA A ATENCIÓN CIDADÁ CUN SERVIZO DE SOLICITUDE DE CITA PREVIA OPERATIVO A PARTIR DE MAÑÁ
A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que as citas previas para a atención presencial, que se retomará o vindeiro luns, día 25, deben solicitarse a través do novo servizo telefónico, se ben se mantén a liña do Concello coas extensións dos diferentes departamentos para outros trámites
Narón, 20 de maio de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, anunciou a entrada en funcionamento, mañá xoves, do servizo para solicitar cita previa para a realización de trámites no Concello. A rexedora local presidiu novamente esta mañá a xuntanza diaria de seguemento da crise da Covid-19 na que se abordou o procedemento a seguir trala apertura á cidadanía do Consistorio o vindeiro luns, día 25, para atender a aquelas persoas a través de cita previa.
As solicitudes de cita previa xestionaranse a través do número de teléfono 981 111 025, que estará operativo en horario de mañá, entre as 8.30 e as 13.30 horas. As persoas que chamen ao citado número deben dirixir a súa consulta ás extensións pertinentes, en función do servizo para o que desexen solicitar a cita a través dun sistema de contestador automático para todos os departamentos municipais. As extensións establecidas son:
- Servizo Sociocomunitario e Servizos Sociais: 1
- Alcaldía e concellerías delegadas: 2
- Rexistro, Estatística e Policía Local: 3
- Servizos Económicos: 4
- Secretaría Xeral, Contratación, Recursos Humáns e Patrimonio: 5
- Obras, Urbanismo, Disciplina Urbanística, Medio Ambiente e Servizos Técnicos: 6
- Deportes: 7
- Servizos Externos: 8
- Padroado da Cultura: 9

A alcaldesa explicou que a entrada no Concello para as persoas con cita previa deberase realizar pola planta baixa excepto aquelas persoas que se dirixan ao Servizo Sociocomunitario e Servizos Sociais, que deben acceder pola porta do primeiro andar, ubicada na Praza de Galicia.
“A atención á veciñanza a partir do luns será nalgúns casos de xeito presencial, continuando así con este proceso de desescalada”, apuntou Ferreiro. A alcaldesa incidiu na importancia “de que todas as persoas que teñan cita se despracen ao Concello cumprindo todas as medidas de seguridade e sanitarias establecidas ante esta crise da Covid-19”.
A maiores do novo servizo para solicitude de cita previa, para a realización doutros trámites mantense o procedemento establecido tras decretarse o estado de alarma, chamando ao número de teléfono 981 337 700 e ás extensións propias de cada planta do Consistorio.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2020 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
20
21
22
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal