Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO REFORZA A VIXILANCIA POLICIAL PARA ERRADICAR OS VERTEDOIROS INCONTROLADOS NO TERMO MUNICIPAL
O CONCELLO REFORZA A VIXILANCIA POLICIAL PARA ERRADICAR OS VERTEDOIROS INCONTROLADOS NO TERMO MUNICIPAL
O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, apelou á colaboración cidadá para facer uso das instalacións do Punto Limpo e do servizo de recollida de voluminosos
Narón, 21 de maio de 2020. O Concello de Narón reforza a vixilancia policial co obxectivo de erradicar a proliferación dos vertedoiros incontrolados. A concellería de Seguridade Cidadá, presidida polo edil Román Romero, coordinará as tarefas co fin de evitar este tipo de condutas incívicas e impoñerlles as pertinentes sancións, estipuladas na normativa municipal, para este tipo de accións.
“Dende o Concello de Narón impulsamos varias campañas medioambientais co fin de concienciar á poboación sobre a necesidade de respectar e coidar o noso entorno, pero lamentablemente atopamos condutas que incumpren a normativa e que continuaremos controlando dende a Policía Local para que as persoas que depositan os residuos en puntos non autorizados para ese fin paguen a sanción que lles corresponda”, apuntou Romero. A ordenanza municipal contempla sancións de ata 3.000 euros para os casos calificados como “moi graves”, que valora a Policía de Medio Ambiente, pero os expedientes que se tramitan a través da lei autonómica de residuos, remítense á Xunta de Galicia –ao non ser competencia municipal- e as sancións poden superar os 30.000 euros.
Romero recordou que que o Concello xa reabriu as instalacións do Punto Limpo municipal de Río do Pozo (operativo de luns a venres, en horario de 9.00 a 13.00 e dende as 16.00 ata as 19.00 horas e os sábados de 9.00 a 14.00). A maiores, dende o pasado día 19 deste mes retomou a súa actividade o servizo de recollida de enseres, co que se pode concertar a recollida chamando ao número de teléfono: 981 391 074.
“É moi importante que todas e todos nós cumpramos coa normativa para evitar a proliferación de vertedoiros incontrolados no noso termo municipal, polo que apelamos á colaboración cidadá para que faga uso das instalacións e dos servizos municipais á súa disposición para manter a nosa cidade libre de vertedoiros incontrolados”, subliñou o edil de Seguridade Cidadá.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
16
18
19
20
22
23
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal