Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO REABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PRAZO PARA ENTREGAR AS SOLICITUDES DAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
O CONCELLO REABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PRAZO PARA ENTREGAR AS SOLICITUDES DAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
O prazo continuou aberto durante o estado de alarma na Sede Electrónica do Concello e a entrega presencial será ata o 29 de maio, incluído
Narón, 22 de maio de 2020. O Concello reabrirá o vindeiro luns, e ata o 29 de maio (incluído) o prazo para a recollida das solicitudes para o vindeiro curso nas tres escolas infantís municipais (A Solaina, A Gándara y Piñeiros), un trámite que se anulou tras decretarse o estado de alarma, o pasado 14 de marzo, pero que se puido continuar realizando a través da Sede Electrónica do Concello, opción que continúa en vigor. As persoas que desexen achegar a súa solicitude presencialmente deben dirixirse á porta do Consistorio ubicada na Praza de Galicia, donde persoal funcionario recollerá a pertinente documentación.
Unha vez entregada os pais e nais recibirán por correo electrónico un xustificante da entrega que lles remitirán dende o Rexistro municipal. A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que no caso de que algunha documentación estea incompleta ou presente algún erro, persoal funcionario porase en contacto coa persoa que está realizando os trámites co fin de que se poida subsanar en tempo e forma.
Ferreiro indicou tamén, no que respecta á reapertura das escolas infantís municipais da Solaina, A Gándara e Piñeiros, que se continúa á espera das determinacións marcadas pola administración autonómica sobre esta medida, co fin de cumprir as recomendacións en materia sanitaria e de seguridade para os usuarios e usuarias destas instalacións.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2020 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
20
21
22
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal