Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O GOBERNO LOCAL MODIFICARÁ A ORDENANZA REGULADORA DAS TERRAZAS PARA AMPLIAR SUPERFICIES E IMPLANTAR NOVOS HORARIOS DE FUNCIONAMENTO
O GOBERNO LOCAL MODIFICARÁ A ORDENANZA REGULADORA DAS TERRAZAS PARA AMPLIAR SUPERFICIES E IMPLANTAR NOVOS HORARIOS DE FUNCIONAMENTO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, informou na Xunta de Portavoces desta mañá sobre a proposta que se levará ao pleno do vindeiro xoves
Narón, 25 de maio de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá a Xunta de Portavoces que se celebrou un mes máis de xeito telemático. No transcurso da sesión abordáronse as modificacións plantexadas á Ordenanza municipal reguladora das terrazas dos locais de hostalería, encamiñadas a paliar os efectos negativos da crise da Covid-19 no sector. As condicións técnicas para a instalación provisional de terrazas en zonas de prazas de estacionamento, para a ampliación das superficies das terrazas xa autorizadas ou novas terrazas en espazos libres privados ou espazos públicos peonís, e unha serie de medidas excepcionais sobre horarios de funcionamento son as modificacións que se levarán ao pleno do vindeiro xoves para proceder á súa aprobación e que estarían en vigor, en principio, ata finais deste ano.
Ferreiro explicou que “con estes cambios a introducir na ordenanza municipal apostamos por apoiar ao sector hostaleiro da cidade ante esta situación excepcional, priorizando o cumprimento de todas as garantías de seguridade en base aos pertinentes informes técnicos”.
En canto á instalación provisional de terrazas en zonas de aparcamento, deberán situarse preferentemente na fronte da fachada do edificio e poderán rebordar a lonxitude do establecemento cos informes pertinentes, respectando o acceso a portais, escaparates, vitrinas de comercios e garaxes. Tamén para estes casos se contempla a necesidade de instalar unha tarima ao mesmo nivel que a beirarrúa e según a pendente existente e delimitarase a zona ocupada con elementos de protección opacos, excepto na parte lindante coa beirarrúa ou zona peonil. Non se permitirá a instalación de cubertas estables nin pérgolas e será necesario informe previo favorable da Policía Local e dos servizos técnicos municipais.
Así mesmo, para aqueles casos nos que se queira ampliar a superficie de terrazas xa autorizadas ou instalar novas terrazas en espazos libres privados ou públicos peonís, poderase facer nos locais nos que o emprazamento o faga posible, cumprindo as medidas de distanciamento social e deixando pasos peonís, tal e como se recolle nas modificacións plantexadas. Ao igual que no caso anterior, as terrazas situaranse preferentemente na fronte da fachada do edificio e non se poderán instalar cubertas estables nin pérgolas.
A alcaldesa explicou que, a maiores, se plantexa a implementación dunha serie de medidas excepcionais que estarían en vigor durante a vixencia da aplicación da disposición transitoria actual. Entre as mesmas figura a posibilidade de instalar unha TV en cada terraza ata as 23.30 horas sen sistemas de amplificación do son; funcionar ata as 01.30 horas da madrugada ata o mes de setembro, incluído, e de outubro a decembro ata as 23.30 horas, excepto as noites do venres a sábado e de sábado a domingo, así como as vésperas de festivos, que poderán abrir ata as 01.00 horas. A partir da hora límite de funcionamento non se poderán servir máis consumicións e o recinto das terrazas deberá quedar baleiro no prazo máximo de trinta minutos.
“Co fin de que os hostaleiros e hostaleiras que o desexen poidan acollerse a estas medidas, que deberán aprobarse previamente no pleno e publicarse no BOP, dende o Concello tamén priorizaremos a tramitación administrativa das solicitudes que vaian chegando tanto para novas autorizacións como para modificar as autorizacións de terrazas que xa están en vigor”, subliñou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal