Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
OS COLEXIOS DE NARÓN REXISTRARON UN TOTAL DE 277 SOLICITUDES DE PRAZA PARA EDUCACIÓN INFANTIL NO CURSO 2020/2021
OS COLEXIOS DE NARÓN REXISTRARON UN TOTAL DE 277 SOLICITUDES DE PRAZA PARA EDUCACIÓN INFANTIL NO CURSO 2020/2021
A alcaldesa, Marián Ferreiro, avanzou que á vista dos datos haberá que realizar una baremación no colexio da Solaina, con máis demanda que vacantes
Narón, 29 de maio de 2020. Os colexios de Narón rexistraron un total de 277 solicitudes de admisión para cursar educación Infantil o vindeiro curso nos doce centros de ensino públicos e concertados da cidade. Así o anunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que recordou que en conxunto se ofertaban 357 prazas para menores de 3 anos que comezan a súa escolarización na etapa de Infantil.
Os colexios da Solaina e A Gándara son os que contan cunha maior demanda, de 54 e 40 prazas, respectivamente, para alumnado de 3 anos. No resto de centros públicos as solicitudes de admisión foron de 21 prazas para o CPI do Feal; 20 para o CEIP Virxe do Mar; 18 para o CEIP Piñeiros e 15 para o CEIP Ponte de Xuvia. No referente ás escolas do Colexio Rural Agrupado de Narón (CRA), para o vindeiro curso contan cun total de 46 solicitudes, das que 25 se corresponden coa escola de Domirón; 17 coa do Val e as 4 restantes coa de Sedes.
A maiores, os tres centros de ensino concertados da cidade suman un total de 63 solicitudes de praza para menores de 3 anos, rexistrando a maior demanda o CPR Santiago Apóstol, con 25, seguido do CPR Ayala con 21 e o CPR Jorge Juan coas 17 restantes.
En canto ás prazas que se ofertaban, a cifra é de 25 para os colexios do Feal, Ponte de Xuvia, Piñeiros, Virxe do Mar, Ayala e Jorge Juan e de 50 no caso dos da Gándara, A Solaina e Santiago Apóstol. No referente ao CRA, en Domirón dispoñíase de 25 prazas, ao igual que no Val, e na escola de Sedes dun total de 7.
Á vista da situación, tan só no caso do CEIP da Solaina, con 54 solicitudes e 50 prazas para menores de 3 anos, é preciso realizar a pertinente baremación, tal e como apuntou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal