Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
OS COLEXIOS DA GÁNDARA E SANTIAGO APÓSTOL INTÉGRANSE NO PROGRAMA DOS "CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS"
OS COLEXIOS DA GÁNDARA E SANTIAGO APÓSTOL INTÉGRANSE NO PROGRAMA DOS
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, destacou o feito de que todos os centros de ensino da zona urbana están integrados neste programa municipal
Narón, 1 de xuño de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, anunciou o remate dos traballos correspondentes á sinalización dos dous últimos Camiños Escolares Seguros que completan esta iniciativa na zona urbana da cidade. Os colexios da Gándara e Santiago Apóstol dispoñen xa da sinalización horizontal correspondente nas rutas seguras do alumnado cara aos citados centros, que comezarán a funcionar en canto se retomen as clases. “Unhas dúas mil rapazas e rapaces da nosa cidade participan cada curso escolar neste programa municipal, ao que o pasado ano se sumaron os colexios Ayala e Virxe do Mar e que se completou agora cos dous únicos centros que carecían do mesmo”, apuntou Ferreiro.
“Nas rúas da Gándara, en dirección aos dous centros, colocáronse oitenta pegadas, seis pasos peonís co texto “Coidadiño, mira aos dous lados” e oito puntos de encontro”, explicou Ferreiro. A alcaldesa avanzou ademais que en cada un dos colexios –entre os dous suman un milleiro de alumnas e alumnos- instalaranse dous puntos de control para que os escolares rexistren a súa chegada e obteñan a pertinente “pegada”, a modo de punto por ir polos Camiños Escolares Seguros a pé, en bicicleta ou en patinete e para poder canxealos por agasallos. “Os equipos están xa asignados aínda que a colocación dos mesmos quedará pendende da normativa de seguridade e dos accesos que se habiliten ao centro no vindeiro curso con motivo da prevención fronte ao coronavirus”, apuntou.
Dende o goberno local recordouse que se continuará traballando para tratar de levar este programa aos colexios do CRA, “para fomentar entre o alumnado de todos os centros da cidade o deporte e a autonomía dos menores coas máximas garantías de seguridade nestas rutas deseñadas polo equipo de Educación Viaria do Concello”, explicou Ferreiro. “A maiores, os nenos e nenas teñen un incentivo, ao poder obter unha serie de agasallos que se poden ver cada curso nun catálogo e que se inclúe no programa grazas á gran implicación do sector comercial da nosa cidade”.
Na páxina web http://pegadas.naron.es/ ou da APP Pegadas Narón pódese consultar toda a información relativa a este programa municipal, así como consultar o catálogo de agasallos dispoñibles.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal