Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO CONVOCA UN CONCURSO DE DEBUXO PARA ESTUDANTES CON MENSAXES E CONSELLOS DE BOAS PRÁCTICAS SOBRE CATRO TEMÁTICAS
O CONCELLO CONVOCA UN CONCURSO DE DEBUXO PARA ESTUDANTES CON MENSAXES E CONSELLOS DE BOAS PRÁCTICAS SOBRE CATRO TEMÁTICAS
O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, explicou que os debuxos se deberán enviar por correo electrónico ata o vindeiro 14 de xuño
Narón, 3 de xuño de 2020. O Concello de Narón retoma un proxecto dirixido ás nenas e nenos da cidade e impulsado a través da Concellería de Seguridade Cidadá, que preside o edil Román Romero. O equipo de Educación Viaria deseñou unha novidosa proposta cun final que será unha sorpresa para os estudantes (de Infantil, Primaria, ESO e Secundaria), tal e como apuntou o edil, que explicou sobre a mesma que para poder participar deben enviar un debuxo “cunha mensaxe na que dean recomendacións ou consellos de boas prácticas sobre algunha destas catro temáticas: Covid-19, Educación viaria, Medio ambiente e Igualdade”, e envialos á dirección: seguridadevial@naron.es.
Romero indicou que os debuxos deberán ter como máximo un tamaño A4 (folio) e teñen que estar en branco e negro. A maiores, apuntou, deberán levar indicado o nome e apelidos da nena ou neno que o realice, o colexio e o curso. Para poder participar é preciso enviar os debuxos á citada dirección de correo electrónico ata o domingo 14 de xuño, incluído.
“Animamos ao alumnado da cidade a participar nesta proposta porque estamos seguros de que o resultado final, o obxectivo deses debuxos lles vai a gustar moito”, asegurou o edil.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2020 >>>

LMMXVSD
 
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal