Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO CEDE A AULA CEMIT DE XUVIA PARA REALIZAR EXAMES DAS TRES UNIVERSIDADES GALEGAS
O CONCELLO CEDE A AULA CEMIT DE XUVIA PARA REALIZAR EXAMES DAS TRES UNIVERSIDADES GALEGAS
A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, indicou que a cesión é efectiva nos meses de xuño e xullo
Narón, 3 de xuño de 2020. O Concello Narón comprometeuse a poñer a disposición das universidades da Coruña, Santiago e Vigo a Aula CeMIT de Xuvia nos meses de xuño e xullo para a realización dos exames do actual curso. A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, explicou que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e as tres universidades galegas, xunto coa Federación Galega de Municipios e Provincias, asinaron un convenio de colaboración no que participará tamén o Concello naronés, tal e como lle trasladou á Fegamp.
Hermida explicou que a cesión da Aula CeMIT, Aula de Referencia recoñecida pola Xunta de Galicia dende 2018 pola súa elevada actividade ao longo do ano, será de luns a venres en horario de 10.00 a 13.00 e indicou que, tal e como acordaron os responsables das entidades asinantes do acordo, os universitarios deberán levar os seus equipos e un teléfono móbil para darse de alta na Wifi da Xunta, ofrecéndoselles na Aula Cemit a conexión a Internet e tamén un servizo de asesoramento para dispoñer desa conexión a través do responsable da citada aula.
O alumnado que estea interesado en facer uso deste servizo debe rexistrarse como usuario/a da Rede CeMIT a través da web CeMIT, no enlace “Alta nova/o usuaria/o” ou directamente na URL: https://aulascemit.xunta.es/usuarios/spring/usuarios. Ao finalizar o proceso recibirá un correo electrónico confirmando a alta, nome de usuaria/o e contrasinal e despois deberá solicitar con máis dunha semana de antelación reserva de praza para realizar o exame na Aula CeMIT elixida a través da dirección: https://cemit.xunta.gal/buscador e cumprimentar os campos indicados no apartado “Conectividade-Exame para universitari@s” para que acepten a súa solicitude. O alumnado debe presentarse na Aula cumprindo as medidas de seguridade recomendadas (manter a distancia de seguridade de dous metros, levar luvas e mascarilla e hixiene de mans). Para solventar dúbidas pódese chamar ao teléfono 981 910 359 ou escribir á dirección: cemit@xunta.gal.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2020 >>>

LMMXVSD
 
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal