Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ILUMINARÁ DE COR VERDE ESTA FIN DE SEMANA A ROTONDA DE FREIXEIRO CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
O CONCELLO ILUMINARÁ DE COR VERDE ESTA FIN DE SEMANA A ROTONDA DE FREIXEIRO CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, destacou diferentes accións e proxectos que se levan a cabo dende o Concello en materia medioambiental
Narón, 5 de xuño de 2020. A glorieta de Freixeiro permanecerá iluminada de cor verde as noites do venres, sábado e domingo con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente. Así o anunciou o concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, que indicou que debido á actual situación derivada da Covid-19 non se poderán levar a cabo as accións que estaban proxectadas con motivo desta data. “Non queríamos deixar pasar por alto o feito de sumarnos á conmemoración dunha data tan importante como é a do Día Mundial do Medio Ambiente, un área na que dende o goberno local estamos traballando ao longo de todo o ano co obxectivo de sensibilizar á cidadanía na importancia de coidar e respectar o medio ambiente”, subliñou.
Galego recordou que “a través de programas municipais, como Narón en Transición”, impulsamos diversas iniciativas dirixidas tanto a nenas e nenos como a persoas adultas, co fin de incidir na importancia de accións como a reciclaxe de residuos e desenvolvendo obradoiros sobre a materia co fin de reducir a cantidade de residuos que se xeneran a diario”. Así mesmo, neste mesmo programa tamén se convocaron visitas guiadas a tanques de tormentas da cidade para que a veciñanza coñeza de primeira man o proceso de depuración de augas residuais, entre outras propostas.
A biodiversidade é o tema no que este ano centra a ONU a conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, alertando de que a pérdida da mesma terá graves consecuencias sobre a humanidade.
Galego recordou ademais que “dende o goberno local estase levando a cabo un traballo importante en materia medioambiental, como son a implantación de alumeado led en barrios da zona urbana e núcleos do rural, a habilitación de instalacións como o Punto Limpo e as destacadas melloras do novo servizo de Recollida de Residuos Sólidos Urbáns e Limpeza Viaria, en proceso de contratación e que inclúe a habilitación de puntos limpos de proximidade…”. Así mesmo, o edil naronés apelou á colaboración cidadá para erradicar os vertedoiros incontrolados na cidade “e contribuír todas e todos no coidado do medio ambiente”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal