Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO PROMOVE UN PROTOCOLO DA COVID-19 ESPECÍFICO PARA OS SECTORES COMERCIAL E HOSTALEIRO DA CIDADE
O CONCELLO PROMOVE UN PROTOCOLO DA COVID-19 ESPECÍFICO PARA OS SECTORES COMERCIAL E HOSTALEIRO DA CIDADE
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recalcou que a través deste manual prestarase asesoramento e colaboración aos resposables dos establecementos comerciais e hostaleiros que o soliciten para que os seus locais cumpran todas as medidas de seguridade e sanitarias
Narón, 4 de xuño de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o edil de Promoción Económica, David Pita, reuníronse esta mañá con persoal de Protección Civil e dunha empresa contratada polo Concello para analizar un novo protocolo deseñado con motivo da Covid-19. Nesta ocasión, realizouse un manual para a desescalada dirixido especificamente aos sectores comercial e hostaleiro que consistirá, tal e como indicou Ferreiro, nunha “campaña de acompañamento e asesoramento en materia de seguridade para estes establecementos, co obxectivo de proporcionarlles axuda de cara á implantación das medidas de prevención e seguridade que vaian decretando as autoridades pertinentes a medida que avanzamos á chamada nova normalidade”.
O programa contempla unha visita de persoal técnico aos establecementos co fin de propoñerlles medidas concretas e realizar posteriormente un seguemento da aplicación e eficacia das mesmas. “O traballo desenvoverase cun horizonte marcado na fase III e nesa nova normalidade”, apuntou Ferreiro. Nun primeiro momento levarase a cabo un encontro con responsables das asociacións do sector para recoller as súas inquedanzas de cara a deseñar un plan de traballo no que se contemplen tamén as necesidades daqueles negocios que queiran participar neste programa. A continuación, explicou, desenvolverase o de traballo de campo, con visitas aos negocios máis representativos de cada tipo de actividade e unha análise das necesidades de ambos sectores para perfilar as medidas implantadas e a implantar e proceder a elaborar protocolos específicos. Finalmente, indicou a alcaldesa, difundiranse eses protocolos entre os locais comerciais e de hostalería, visitaranse para verificar que se levan a cabo e implantaranse as medidas pertinentes en coordinación cos titulares dos negocios.
“Queremos colaborar co sector comercial e hostaleiro para facer destes establecementos locais seguros, nos que se implanten todas as indicacións de seguridade e sanitarias que se vaian propoñendo dende as autoridades competentes e asesorar aos representantes do sector con persoal cualificado para adaptar as súas instalacións aos protocolos pertinentes”, subliñou Ferreiro.
O protocolo trasladarase aos representantes do sector comercial e hostaleiro para, en canto sexa posible, tal e como indicou Ferreiro, concertar unha reunión para analizar conxuntamente o documento e iniciar as accións previstas. Os representantes do sector interesados en recibir máis información ao respecto poden chamar ao número de teléfono 647 622 245.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal