Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
MÁIS DE 220 PERSOAS RECIBIRON ATENCIÓN PRESENCIAL NO CONCELLO A TRAVÉS DO SERVIZO DE CITA PREVIA NAS ÚLTIMAS DÚAS SEMANAS
MÁIS DE 220 PERSOAS RECIBIRON ATENCIÓN PRESENCIAL NO CONCELLO A TRAVÉS DO SERVIZO DE CITA PREVIA NAS ÚLTIMAS DÚAS SEMANAS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou a posta en marcha, de xeito progresivo doutras instalacións municipais como o Punto Limpo, a Biblioteca ou a piscina municipal para retomar con todas as medidas santiarias os servizos que se ofrecían á cidadanía
Narón, 6 de xuño de 2020. O Concello de Narón atendeu presencialmente con cita previa nas últimas dúas semanas a un total de 223 persoas. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recordou que o servizo comezou a funcionar o pasado 25 de maio, trala habilitación dunha liña telefónica específica para concertar as citas según o departamento ao que se dirixan as persoas que teñan que realizar trámites presenciais no Consistorio. “En canto foi posible, atendendo ás medidas decretadas polas autoridades competentes, puxemos en marcha un protocolo para ofrecer á veciñanza todas as garantías precisas no caso de que teñan que desprazarse ao Concello, para continuar avanzando no proceso de desescalada e, ao tempo, na atención presencial para aquelas situacións nas que sexa precisa”, explicou a alcaldesa.
Un axente da Policía Local controla o acceso ao interior do edificio Consistorial, donde é necesario o uso de mascarilla e a hixiene de mans e se habilitou un percorrido sinalizado no chan e tamén marcas indicativas para manter as distancias de seguridade tanto co persoal funcionario como nas zonas habilitadas para sentarse.
As persoas que desexen solicitar cita previa deben chamar ao número de teléfono 981 111 025, que está operativo en horario de 8.30 a 13.30 horas. Marcado o número, terán que indicar a extensión pertinente, en función do servizo para o que desexen solicitar a cita, que se concertará a través dun sistema de contestador automático para todos os departamentos municipais. As extensións establecidas dende o Concello son:
- Servizo Sociocomunitario e Servizos Sociais: 1
- Alcaldía e concellerías delegadas: 2
- Rexistro, Estatística e Policía Local: 3
- Servizos Económicos: 4
- Secretaría Xeral, Contratación, Recursos Humáns e Patrimonio: 5
- Obras, Urbanismo, Disciplina Urbanística, Medio Ambiente e Servizos Técnicos: 6
- Deportes: 7
- Servizos Externos: 8
- Padroado da Cultura: 9
O acceso ao Concello con cita previa realízase pola porta principal, na planta baixa, se ben aquelas persoas que se dirixan ao Servizo Sociocomunitario deben utilizar o acceso do primeiro andar, pola Praza de Galicia.
A maiores do servizo de cita previa, para a realización doutros trámites mantense o procedemento anterior ao decreto do estado de alarma, podendo chamar a cidadanía ao número de teléfono 981 337 700.
Ferreiro valorou “a posta en marcha progresiva nas últimas semanas de diferentes servizos municipais e a apertura de instalacións como o Punto Limpo, a Biblioteca e a piscina municipal a medida que continuamos avanzando no proceso de desescalada e ofrecendo todas as garantías sanitarias ás nosas veciñas e veciños”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal