O CONCELLO CELEBRARÁ O DÍA 15 O PLENO PARA ELIXIR AOS INTEGRANTES DAS MESAS ELECTORAIS DO VINDEIRO 12 DE XULLO
Os nomeamentos das persoas que resultaran notificadas para as eleccións que se ían celebrar o pasado mes de abril quedaron anulados
Narón, 8 de xuño de 2020. O Concello informa á veciñanza da anulación dos nomeamentos das persoas que resultaron notificadas para formar parte dunha mesa electoral nas eleccións ao Parlamento de Galicia que se ían celebrar o pasado 5 de abril -suspendidas pola pandemia da Covid-19-, tras establecerse así no Real Decreto 45/2020 do 18 de marzo (DOG número 54-bis, do 18 de marzo).
Co fin de elixir ás persoas que formarán parte das mesas electorais para as eleccións autonómicas convocadas para o vindeiro 12 de xullo procederase a realizar un novo sorteo, a través dun pleno que terá lugar o próximo luns, 15 de xuño, no Consistorio.