Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL COLABORAN CO SERGAS NO CONTROL DE ACCESO AO CENTRO DE SAÚDE PARA FACER OS TEST DE SEROPREVALENCIA
VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL COLABORAN CO SERGAS NO CONTROL DE ACCESO AO CENTRO DE SAÚDE PARA FACER OS TEST DE SEROPREVALENCIA
O Concello colabora co Sergas para regular o acceso ao centro de saúde do persoal citado para as probas
Narón, 8 de xuño de 2020. Voluntarios de Protección Civil colaboraron esta mañá na regulación do acceso tanto ao Consistorio como ao Centro de saúde de Narón, neste último caso para derivar aos pacientes dende o Auditorio municipal ata o centro sanitario e coincidindo coa realización de probas médicas e tamén do inicio dos test de seroprevalencia para os que o Sergas citou a persoas da cidade e para cuxa organización, en canto á afluencia de persoas, solicitou a colaboración do Concello naronés.
Entre as 10.00 e as 13.00 horas dúas persoas voluntarias desprazáronse ao Auditorio para colaborar coas veciñas e veciños, xunto con persoal do Sergas que se encargaba de comprobar os datos dos pacientes e de indicarlles, en coordinación co persoal do centro de saúde, en que momento poderían acceder. As persoas citadas acceden ao Auditorio por unha porta lateral, dende donde o persoal de Protección Civil as dirixe ata a traballadora do Sergas que se encarga ademáis de que cumpran coas medidas sanitarias –hixiene de mans e mascarilla-.
O Sergas iniciou hoxe os test da segunda fase do estudo de seroprevalencia, a través do que se coñecerá, según indicaron, a circulación da Covid-19 nas comarcas de Galicia. Veciñas e veciños da cidade participan nesta iniciativa de xeito voluntario –unha vez que o Sergas contacta con eles-. Os test programados na cidade continuarán durante esta semana e a vindeira, co fin de atender ao medio milleiro de persoas citadas para realizar esta proba.
No edificio do Concello tamén estivo colaborando dende primeira hora da mañá persoal voluntario de Protección Civil no control de acceso.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal