Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO DESTINARÁ 574.000 EUROS A ACONDICIONAR E DOTAR DE SERVIZOS O VIAL DE ACCESO AO NOVO CENTRO DE SAÚDE
O CONCELLO DESTINARÁ 574.000 EUROS A ACONDICIONAR E DOTAR DE SERVIZOS O VIAL DE ACCESO AO NOVO CENTRO DE SAÚDE
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou a colaboración do Concello para materializar o proxecto do novo centro de saúde
Narón, 10 de xuño de 2020. O Concello acolleu esta mañá a celebración, vía telemática, da Comisión de Facenda, no transcurso da que se deu luz verde a unha modificación de crédito na que se inclúen 574.056 euros -dun total de 822.520 euros para outras actuacións- destinados ao proxecto de acondicionamento exterior do ámbito do Plan Especial de Dotacións en Freixeiro. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recordou que esta actuación se enmarca no convenio de cooperación que no seu día subscribiron o Concello e o Servizo Galego de Saúde para executar as obras de construción do novo centro de saúde, actualmente en marcha. O goberno local destinará esa partida á materialización dos traballos necesarios para dotar á parcela das citadas instalacións sanitarias das infraestruturas pertinentes: accesos rodados e peonís, abastecemento, saneamento, alumeado, subministro eléctrico, aparcamento… cuxo proxecto xa está redactado e unha vez adxudicado terá un prazo de execución de catro meses, tal e como indicou a alcaldesa.
“A través deste proxecto definimos as obras necesarias para urbanizar o vial do Camiño do Lodairo, un vial secundario que dá acceso ao novo centro de saúde e tamén a varias vivendas ubicadas na zona a través da estrada de Castela”, explicou Ferreiro. O proxecto contempla a ampliación do Camiño do Lodairo, acondicionándoo con dous carrís de tres metros de ancho e tamén beirarrúas de máis de tres metros para o tránsito peonil, tal e como avanzou a alcaldesa. “A maiores da dotación dos pertinentes servizos de auga, alcantarillado, telefonía… tamén se habilitarán un total de 52 prazas de estacionamento en batería, das que tres próximas ao novo centro de saúde se reservarán para persoas con problemas de mobilidade", asegurou.
A intervención contempla ademais a construción dunha zona de cambio de sentido no propio Camiño do Lodairo, á altura do centro de saúde aproximadamente, e outra de conexión coa estrada de Castela. Esta última, tal e como indicou a alcaldesa, ubicarase á altura do Camiño do Lodairo e complementarase cunha serie de isletas para organizar a circulación viaria, de xeito que se poderá acceder ao centro de saúde dende calquera dos catro viais que confluirán na nova rotonda.
“O Concello de Narón cumpre así o último dos compromisos acadados co Servizo Galego de Saúde para materializar as obras do novo centro de saúde, tras realizar tres pagos que en conxunto supuxeron un desembolso de 1.460.353 euros e tamén ceder a parcela de algo máis de 6.000 metros cadrados na que se constrúen as novas instalacións”, recordou Ferreiro. Así mesmo, incidiu en que “o goberno local sempre mantivo o seu compromiso de colaborar, e así o fixemos, nesta obra tan necesaria para a nosa cidade e que desexamos que remate para poder ofrecer canto antes ás nosas veciñas e veciños uns servizos sanitarios en mellores condicións e acordes co crecemento que experimentou a cidade nos últimos anos”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal