Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA "APERTA ABERTA" ACOLLEU UNHA VIDEOCONFERENCIA CON DOCENTES DE NARÓN, COSTA RICA E ARXENTINA
O Concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, explicou que a iniciativa se enmarca no convenio asinado o ano pasado entre o Concello e Ciudad de Heredia, en Costa Rica
Narón, 11 de xuño de 2020. O equipo de Educación Viaria do Concello de Narón realizou unha videoconferencia a través da iniciativa “Aperta aberta” con docentes de Narón, Arxentina e Costa Rica. No transcurso da mesma os participantes tiveron a oportunidade de compartir experiencias sobre temáticas como a educación viaria, a Covid-19 e tamén abordar o inicio do vindeiro curso escolar. “A corporación local aprobou o pasado mes de setembro un convenio entre Narón e Ciudad Heredia, en Costa Rica, co obxectivo de promover unha serie de intercambios en materia educativa, cultural, social e económica, nos que se enmarca esta proposta que levamos a cabo a través dunha videoconferencia e que establece un marco de colaboración futura para promover dende Narón o traballo que se está facendo na área de Educación Viaria”, explicou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero. Na videoconferencia, coordinada polos axentes Pedro Caneiro e Sonia López, do equipo de Educación Viaria do Concello naronés, participaron tamén Xosé Nel, director do CEIP da Solaina e Purificación Fachal, docente do CEIP Ponte de Xuvia, xunto con Wilson Barrantes, director da Escola San Francisco de Asís (Heredia-Costa Rica), Saray Salinas, docente da citada escola, Melissa Ferllini, directora da Escola Villalobos (Heredia-Costa Rica), Jesica Echegaray, docente da Escola Remedios Escalada de San Martín, (Mendoza, Arxentina) e Patricia Montero e Rosidia Gómez, integrantes do equipo de Xestión Vial da Municipalidade de Heredia (Costa Rica). “Foi unha experiencia moi positiva e para a que agradecemos a implicación de todos os participantes e tamén o compromiso dos mesmos a continuar traballando xuntos para, entre todas e todos, establecer novas liñas de colaboración e traballo”, recalcou Romero. Ao respecto, o edil naronés avanzou que os representantes do equipo de Educación Viaria de Narón participarán o vindeiro 24 de xuño no “II Congreso Nacional de Seguridad Vial y Movilidad” que se celebrará en Costa Rica, a través dunha ponencia sobre Educación Viaria que se desenvolverá por videoconferencia. Tamén este mesmo mes, do 22 ao 26, celebrará en Costa Rica a “Semana de la Seguridad Vial”, á que convidaron a participar ao equipo de Educación Viaria de Narón a través dunha retransmisión en directo vía Facebook que se levará a cabo nunha das xornadas desta convocatoria, tal e como apuntou Romero.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal