Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A SEGUNDA EDICIÓN DO FESTIVAL DA CULTURA VIAXEIRA "GULLIVER FEST" ORGANIZADA POLO CONCELLO E A ASOCIACIÓN FURGOGALICIA APRÁZASE AO ANO 2021
A SEGUNDA EDICIÓN DO FESTIVAL DA CULTURA VIAXEIRA
A área recreativa de Pedroso acolleu o ano pasado a primeira edición deste festival, cun gran éxito de acollida
Narón, 12 de xuño de 2020. O Concello de Narón e a asociación FurgoGalicia, coorganizadores do Festival da cultura viaxeira Gulliver Fest, acordaron aprazar ao vindeiro ano a segunda edición desta convocatoria, programada na área recreativa de Pedroso e cun gran éxito de acollida na pasada edición. A cita terá lugar os días 6, 7 e 8 de agosto de 2021, na citada ubicación, e manterase o cartel que estaba previsto para este ano e que se apraza con motivo da crise derivada da Covid-19.
As bandas Freedonia, Kumpania Algazarra, La Regadera, Brinkadelia e Shake Soul´n Roll amenizarán o festival do vindeiro ano coa súa música, que combina diferentes estilos. A música, as viaxes, a natureza e os libros son as áreas nas que se centrará un ano máis este festival, que foi pioneiro en Galicia tal e como estivo deseñado dende o seu inicio. Durante tres días sucederanse unha serie de propostas dirixidas a todo tipo de públicos, e actividades nas que tamén poderán participar menores e adultos.
A organización reservará un espazo para poder acampar durante os tres días na área recreativa de Pedroso, cunha zona “camper” habilitada para este fin e na que poderán pernoctar unhas 130 persoas. Na páxina web: www.gulliverfest.es e no Facebook Gulliver Fest ofrecerase a información relativa á vindeira convocatoria nos vindeiros meses. O Concello e a asociación FurgoGalicia incidiron no feito de que “a pesar de que estaba todo organizado para poder celebrar este ano o festival, consideramos que a mellor elección debido á situación na que nos atopamos e como medida de seguridade e prevención é pospoñer esta segunda edición para o vindeiro ano, para gozar desta convocatoria con todas as garantías precisas e sen renunciar a reducir o aforo”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal