Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A OFICINA DOS SERVIZOS TRIBUTARIOS DA DEPUTACIÓN UBICADA EN XUVIA ATENDERÁ DE XEITO PRESENCIAL CON CITA PREVIA OS LUNS E MÉRCORES
A administración provincial mantén o servizo de atención por correo electrónico ou chamando a un número telefónico gratuíto
Narón, 19 de xuño de 2020. A oficina de Servizos Tributarios da Deputación da Coruña na cidade, ubicada no antigo edificio do Concello, en Xuvia (Praza do Concello, s/n), permanecerá aberta ao público para prestar atención presencial con cita previa os luns e mércores, entre as 9.00 e as 14.00 horas. Para contactar cos citados servizos a cidadanía pode facelo tamén a través da dirección de correo electrónico: atención.tributaria@dacoruna.gal ou chamando ao número de teléfono 900 132 204 (de balde). Así mesmo, as xestións e consultas poden continuar tramitándose a través da Oficina Virtual Tributaria (https://www.dacoruna.gal/servizos-tributarios/oficina-virtual) e da Sede Electrónica da Deputación (https://sede.dacoruna.gal). O cobro do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) e outras taxas en período voluntario deste exercicio iniciouse o pasado 4 de maio e rematará o 1 de setembro, tal e como indicaron dende a Deputación da Coruña. No caso dos recibos domiciliados, avanzaron, pasaranse a cargo en conta o vindeiro 31 de xullo.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es