Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ADHEIRUSE AO PROGRAMA "VILAS EN FLOR" IMPULSADO POLA FUNDACIÓN JUANA DE VEGA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou o labor que ao longo do ano se realiza dende a área de Parques e Xardíns para manter os espazos verdes en condicións óptimas e concienciar á veciñanza sobre a importancia de coidar o medio ambiente
Narón, 19 de xuño de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, anunciou a adhesión do Concello ao programa “Vilas en flor Galicia 2020”, unha iniciativa da Fundación Juana de Vega coa Asociación de viveristas de Galicia (Asvinor) e da Asociación Gallega de Empresas de Xardinería (Agaxear). “Trátase dun proxecto que aposta por poñer en valor os municipios galegos a través da calidade dos espazos verdes, unha área na que dende este Concello estamos traballando permanentemente no mantemento e tamén investindo novas partidas para ampliar e acondicionar estes espazos tanto na zona urbana como na rural”, explicou Ferreiro. A través deste programa, concédense anualmente galardóns (Flores de honor) á traxectoria e ás accións que se leven a cabo para mellorar e potenciar os espazos verdes urbáns, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá. Sobre estas a alcaldesa destacou que “esta mesma semana melloramos a zona do parque de Freixeiro e xa se pode ver nas inmediacións da glorieta, xunto á Oficina de Turismo, o nome de Narón deseñado con plantas de buxo”. Así mesmo, recordou que “ao longo do ano, tanto dende o Concello como dende algunhas empresas concesionarias do mantemento de parques e xardíns organizamos actividades e charlas nos colexios para concienciar á cidadanía sobre a importancia de respectar e coidar o medio ambiente e tamén se imparten obradoiros enmarcados en iniciativas como a Feira multisectorial de Sedes con monitores que ensinan a plantar diferentes especies aos nenos e nenas”. Ferreiro asegurou que o Concello xa trasladou á organización o seu interese en participar na convocatoria deste ano, adquirindo os compromisos recollidos para poder facelo. No mes de setembro ou outubro, según indicaron, tres profesionais de recoñecido prestixio desprazaranse á cidade para decidir que galardón lle corresponde. Esta valoración, explicaron, realizarase atendendo a tres áreas: Patrimonio vexetal e paisaxístico, Medio ambiente e sostibilidade e Actividades sociais, explotación do turismo e comunicacións. A entrega dos galardóns, que son un máximo de cinco Flores de honor, está prevista antes de finais deste ano.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal