Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NOS PROGRAMAS MUNICIPAIS "PEKEALDEA" E "KDD X IGUAL MOCIDADE 2020"
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NOS PROGRAMAS MUNICIPAIS
As inscricións nestes dous programas poden realizarse ata o 29 de xuño na Sede Electrónica do Concello e continúa tamén aberto o período de inscrición nos "Campamentos culturais de verán" do Pazo da Cultura, tres propostas municipais para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar
Narón, 21 de xuño de 2020. O Concello abrirá mañá luns –e ata o 29 de xuño- o prazo de inscrición nos programas municipais “PekeAldea” e “KDD X Igual mocidade 2020”, que se desenvolverán nos meses de xullo e agosto nas instalacións do parque de Aldea Nova, en Sedes. A primeira das propostas diríxese a menores nados entre 2008 e 2016, se ben a segunda é para mocidade nada entre 2002 e 2007. En ambos casos as inscricións, que son de balde, deben tramitarse a través da Sede Electrónica do Concello -sedeelectronica.naron.es-, no Servizo Sociocomunitario (primeiro andar, con acceso dende a Praza de Galicia) ou a través dos medios establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento administrativo común das administracións públicas. As prazas outorgaranse a través dun sorteo que se realizará o 1 de xullo ante o Secretario Xeral do Concello.
Os menores que participen no programa “PequeAldea” deben estar empadroados ou escolarizados en Narón e teñen que xustificar que traballan os dous membros parentais ou, no caso de familias monoparentais cumprir ese requisito a persoa que teña a garda e custodia do/a menor. Haberá un total de catro quendas: do 6 ao 17 e do 20 ao 31 de xullo e do 3 ao 14 e do 17 ao 28 de agosto para un total de 90 rapazas e rapaces. Os participantes estarán nas instalacións de Aldea Nova entre as 9.00 e as 14.00 horas, se ben haberá un servizo de conciliación previo e posterior ás actividades na Casa da Mocidade –de 7.30 a 9.00 e de 14.15 a 15.00 horas- e tamén servizo de transporte. Trátase dun obradoiro educativo no que se realizarán actividades relacionadas coa igualdade, o medio ambiente, a solidariedade, o consumo sostible, etc.
A segunda das propostas é a “KDD X Igual mocidade 2020”, para mocidade nada entre 2002 e 2007 –tamén empadroada ou escolarizada na cidade- e que terá lugar do 6 ao 12 de xullo. As actividades desenvolveranse de luns a xoves entre as 10.00 e as 14.00 horas, se ben o venres e o sábado haberá pernoctación e pensión completa no parque Aldea Nova para rematar o domingo 12 de xullo sobre as 12.00 horas. Hay un total de 18 prazas e o Concello facilitará servizo de transporte dende a Casa da Mocidade. Roteiros de sendeirismo, obradoiros, actividades deportivas e de ocio saudable e activo, e accións formativas forman parte do programa desta proposta municipal.
Así mesmo, continúa aberto o prazo de inscrición nos “Campamentos culturais de verán” organizados polo Padroado da Cultura para os meses de xullo e agosto e dirixidos a menores de entre 3 e 12 anos. Para esta proposta deseñaronse tres quendas semanais entre o 6 de xullo e o 28 de agosto: para menores de 3 a 5 anos (máximo dez prazas); de 6 a 9 anos e de 10 a 12 (máximo quince prazas en cada unha delas), sendo preciso para realizalos reunir a un mínimo de asistentes. Entre as 8.00 e as 14.00 horas os asistentes participarán nun variado programa de actividades no Pazo da Cultura –baile, ioga, obradoiros, visionado de películas…-, en saídas organizadas polas inmediacións do río Xuvia, ao mosteiro do Couto… e en festas temáticas. As inscricións –cunha taxa de 11,20 euros por quenda- tramítanse nas oficinas do Pazo da Cultura, en horario de 9.30 a 13.30 horas e teñen preferencia á hora de participar as persoas empadroadas no Concello de Narón.
Os tres obradoiros programáronse para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante o verán e realizaranse extremando as medidas e recomendacións establecidas polas autoridades sanitarias, seguindo un protocolo específico para a actual situación.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal