Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O AUDITORIO ACOLLEU A CLAUSURA DO XX CERTAME INTERCENTROS DE NARON
O AUDITORIO ACOLLEU A CLAUSURA DO XX CERTAME INTERCENTROS DE NARON
O CPI de O Feal organizou este concurso, que o vindeiro ano estará coordinado polo CEIP de Piñeiros
Narón, 15 de Maio de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, clausurou hoxe a XX edición do Certame Intercentros do Concello de Narón, que nesta ocasión estivo organizado polo CPI de O Feal e contou coa asistencia de máis de 900 nenos e nenas dos colexios do municipio.

O rexedor convidou a tódolos estudiantes a continuar participando neste certame, creado cando o propio Jose Manuel Blanco era Concelleiro de Ensino de Narón. “Ainda lembro ás persoas que iniciábamos hai 20 anos este acto, e agardo que dentro de outros vinte os que hoxe son nenos, sexan os que o organicen”, sinalou. Blanco deu os seus parabéns a tódolos profesores e alumnos que participaron nesta edición e recoñeceu o traballo que supón a organización dun acto destas características.

A clausura da XX edición do Certame Intercentros, que tivo lugar no Auditorio Municipal da Praza de Galicia, contou coa actuación da Familia Moriatov, que ofreceron un espectáculo musical en clave de humor e dirixido ós nenos e nenas que hoxe abarrotaron o auditorio. Tamén se entregaron os premios deste certame nas seguintes categorías:

-Modalidades de Murais, Conto, Conto Ilustrado e Cómic (para alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria)

-Modalidades de Narrativa, Poesía, Cómic e Teatro Escrito (ESO e Bacharelato)

-Modalidade de Reportaxe Radiofónica e Xornalística (ESO, Bacharelato, e Ciclos de FP)

-Modalidade de Expresión Oral (Educación Infantil e Primaria, e ESO)

Ademáis, premiouse ó cartel anunciador das Letras Galegas 2009, e houbo un premio solidario para alumnado de LenÇois-Bahía (Brasil) pola súa participación neste Certame, dando a coñecer a súa realidade social e cultural. O propio Alcalde de Narón foi o encargado de entregar este galardón, recollido pola presidenta da ONG Lena, con sede en Narón, Mercedes Taibo Rey.

O resto dos premios foron entregados polos concelleiros dos distintos grupos políticos con representación municipal (TEGA, PP, BNG e PSOE), o profesorado dos centros participantes no Certame Intercentros de Narón, e o presidente do Club de Prensa de Ferrol.

Para finalizar o acto, deuse a coñecer o nome do colexio encargado de organizar no vindeiro curso escolar 2009-2010 os actos do XXI Certame Intercentros. A responsabilidade caerá nesta occasion no CEIP de Piñeiros.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal