Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CENTRO MUNICIPAL DE FORMACIÓN IRMÁS FROILAZ RETOMOU ESTA MAÑÁ A ACTIVIDADE CUN PROTOCOLO ESPECÍFICO DE PREVENCIÓN DA COVID-19
O CENTRO MUNICIPAL DE FORMACIÓN IRMÁS FROILAZ RETOMOU ESTA MAÑÁ A ACTIVIDADE CUN PROTOCOLO ESPECÍFICO DE PREVENCIÓN DA COVID-19
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou que no mes de xullo haberá un servizo de conserxería que permitirá abrir en horario de tarde e impartir a programación prevista no centro ata finais de ano
Narón, 25 de xuño de 2020. O Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, reiniciou hoxe a súa actividade, que se irá incrementando paulatinamente nos vindeiros días, tal e como anunciou a concelleira de Formación, Natalia Hermida. “O reinicio da formación realízase atendendo ao protocolo establecido dende o Concello para as citadas instalacións municipais, como uso de mascarillas e produtos de hixiene de mans, desinfección das instalacións, mantemento das distancias de seguridade e regulación do acceso e saída do centro con reaxuste horario, para evitar aglomeracións”, explicou a edil naronesa.
Esta mañá retomouse a formación dun curso de “Soldadura MIG/MAG” e establecéronse tres grupos de cinco alumnos cada un para poder utilizar con todas as garantías precisas os vestiarios, tal e como indicou Hermida. “Mañá reiniciarase o curso de Limpeza industrial e no mes de xullo os de Servizos básicos de restaurante e bar –o día 1- e de Xestión de Almacén e Loxística –o día 6-“, asegurou.
Así mesmo, no que respecta ás Accións Formativas para Desempregados (AFD) convocadas en colaboración coa administración autonómica, o alumnado disporá dun circuíto diferenciado para entrar ás aulas, ao ser obrigatorio realizar un control horario. Neste caso, o curso de Domicilio reiniciarase o 2 de xullo e o de Institucións sociais o día 3.
As previsións municipais de formación inclúen a maiores un curso de Institucións Sociais que se prevé iniciar o 14 de xullo –seleccionando ao persoal entre os días 6 e 9 do vindeiro mes-; outro de Prevención de Riscos Laborais e módulos específicos do Naval e un de Carretilleiro e PEMP (norma UNE) que tamén se iniciarán a mediados de xullo. A maiores impartirase un de Traballos en alturas e en espazos confinados que comezará tralos cursos de PRL e Naval.
Hermida anunciou ademais que “a partir do vindeiro 1 de xullo incorporaremos ao Centro Municipal de Formación un servizo de conserxería que nos permitirá abrir en horario de tarde e, deste xeito, dar cabida a toda a programación que tiñamos establecida na área de formación nesas instalacións durante este ano”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal