Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
EMPRESAS INTERESADAS NO PROXECTO DE REHABILITACIÓN DO MUÍÑO DE XUVIA VISITARON ESTA MAÑÁ A CONSTRUCIÓN
O concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, e persoal da empresa redactora do proxecto acompañaron aos representantes de catro empresas durante o percorrido polas instalacións
Narón, 26 de xuño de 2020. O concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, desprazouse esta mañá ao muíño de Xuvia para acompañar aos representantes de catro empresas interesadas na licitación dos traballos de rehabilitación da citada construción. Acompañado por un técnico da empresa redactora do proxecto, Mauriz percorreu con eles o interior das instalacións para comprobar o estado actual do inmoble, que será obxecto nos vindeiros meses dunha actuación licitada en 1,3 millóns de euros. A citada actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) no marco do programa operativo Plurirregional de España Feder 2014-2020 e enmarcado na Estrategia de Desarrollo Urbano Sostenible e integrado EDUSI “Ría de Ferrol, Cidade 2020”, pola Deputación da Coruña e o Concello. As empresas interesadas en presentar as súas propostas poden facelo a través da Sede Electrónica do Concello –sedeelectronica.naron.es- ata o vindeiro 7 de xullo ás 23.59 horas. A visita está contemplada no plego da licitación e esta mesma semana licitouse tamén a dirección de obra, por un importe de case 70.000 euros, tal e como figura na Sede Electrónica. A empresa que finalmente resulte adxudicataria dos traballos levará a cabo unha das obras máis destacadas proxectadas dende o goberno local para o actual mandato, que permitirá recuperar un edificio histórico e cun gran valor patrimonial para a cidade. “A cuberta e os muros exteriores da construción rehabilitáronse no ano 2009, tal e como se pode comprobar dende o exterior, pero o interior precisa dun importante traballo para recuperar este muíño e devolverlo ao seu estado orixinario, como o gran complexo fabril que foi no século XVIII”, apuntou Mauriz. O proxecto encargado polo Concello contempla a reconstrucción de todos os edificios que integran o complexo, habilitando como museo e espazo didáctico esas vivendas e tamén varios espazos. A planta baixa convertirase en museo e a superior nun local polivalente no que se poderán organizar diferentes obradoiros, exposicións, conferencias e outro tipo de actividades. Así mesmo, reservarase unha zona para recepción dos visitantes, como punto de información sobre a cidade e tamén cun área para a exposición de produtos artesáns. Todo o conxunto estará unido por un patio cuberto cunha estrutura de vidro, para dar luminosidade ao conxunto. Mauriz incidiu en que se trata “dun proxecto moi importante e valioso para esta cidade, un dos proxectos de futuro do noso goberno para poñer en valor esta construción que no ano 1858 foi o principal muíño do país en capacidade de produción dos da súa clase, moendo trigo e tamén unha fábrica de papel, outra de tecidos e outra de inados”, como así se recolle na historia desta cidade. O muíño de Xuvia é unha construción pola que sempre apostou o goberno local, primeiro negociando a súa adquisición cos seus antigos propietarios e posteriormente iniciando unha fase de rehabilitación que se completará con este investimento de 1,3 millóns de euros para recuperar un dos emblemas da cidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal