Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PADROADO DA CULTURA ORGANIZA OS CATRO ESPECTÁCULOS DO PROGRAMA "VERDE QUE TE QUERO VERDE"
O PADROADO DA CULTURA ORGANIZA OS CATRO ESPECTÁCULOS DO PROGRAMA
A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, anunciou que a programación se desenvolverá todos os domingos do mes de xullo na cidade
Narón, 26 de xuño de 2020. O Padroado da Cultura retomará a programación o vindeiro mes de xullo cunha nova edición, a cuarta, do programa “Verde que te quero verde”. Os vindeiros catro domingos do mes de xullo, outras tantas zonas verdes da cidade convertiranse un ano máis, en horario da mañá –a partir das 12.30 horas- en espazos nos que se desenvolverán espectáculos musicais dirixidos a persoas de diferentes idades.
A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, anunciou que na primeira xornada, o día 5, actuará na Praza Irmáns Freire, en Xuvia, a formación Cachas&Cousins, de Santiago de Compostela e que no repertorio inclúe temas clásicos da escena rocksteady xamaicana e tamén outros reggae que interpretarán os seus sete músicos. Gozarán tamén da convocatoria as nenas e nenos, coa música e humor de Brais das Hortas, que traerá a Narón o espectáculo “Da eira cantareira”, unha viaxe por contos e cancións do seu repertorio que combina o tradicional e o moderno.
A segunda das citas terá lugar o 12 de xullo na Rúa 25 de Xullo, no Alto, donde os protagonistas serán a artista Nastasia Zurcher e o músico Xoán Curiel. Este último encargarase do espectáculo infantil, un público ao que se dirixirá a través da música galega, tocando diferentes estilos, como o funk, o rock ou a bossa nova, sintonizando coa onda do Xabarín. Na mesma xornada, Nastasia Zurcher amenizará aos asistentes coas súas cancións, nas que fusiona varios estilos e sempre cunha característica pegada persoal e pegadizos estribillos co inglés como idioma protagonista pero amosando a súa faceta máis francófona e galega.
A terceira xornada do programa “Verde que te quero verde” será o 19 de xullo, na Rúa Francisco Pizarro, no barrio da Solaina. Oîma e Pakolas actuarán na cidade cunha proposta deste último cargada de música e humor para contar varias historias fantásticas cos animais como protagonistas. A música de baile de tradición galega e europea chegará da man do trío instrumental Oîma, que trae a Narón o seu primeiro traballo: “Ala!”.
O escritor e cantante Antonio Lizana, acompañado dos seus músicos, e os integrantes de Fantasía coas palabras, María Faltri e Jorge Juncal, estarán o día 26 de xullo pechando o programa “Verde que te quero verde”, na zona verde da rúa Mariña Española (Vivendas da Mariña), na Solaina. A tradición flamenca e o jazz centrarán a actuación de Antonio Lizana Trío, que proporá ao público unha viaxe a través dos seus discos profundizando na raíz flamenca. Pola súa banda, María Faltri e Jorge Juncal presentan un formato para público infantil e familiar cun amplo repertorio de cancións para aprender e, ao tempo, divertirse.
“Queremos animar ás nosas veciñas e veciños a acudir a estes espectáculos, cumprindo todas as medidas de seguridade establecidas ante a situación que estamos vivindo e gozando desta programación dirixida a público familiar e infantil”, asegurou Ferreiro. A presidenta do Padroado da Cultura destacou que “un ano máis podemos retomar este programa con propostas culturais de balde dirixidas a persoas de diferentes idades e en espazos exteriores da cidade”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal