Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ESCOLARES DOS COLEXIOS DE NARÓN CELEBRAN A SEMANA SEN FUME
ESCOLARES DOS COLEXIOS DE NARÓN CELEBRAN A  SEMANA SEN FUME
Cambiarán froita e verduras por tabaco, que entregarán na Praza de Galicia ó Alcalde, quen lles otorgará o certificado de "aula saudable".
Narón, 25 de Maio de 2009.- O municipio de Narón celebra dende hoxe a Semana sen fume, que terá lugar ata o vindeiro 31 de Maio, para conmemorar o Día Mundial sen Fume.

Con este motivo, o Concello de Narón realizará unha campaña de sensibilización e atención sobre a importancia do tabaquismo como problema de saúde, tanto no ámbito familiar como social. Para elo, se realizarán distintas actividades extraescolares co fin de que sexan os/as nenos/as os que provoquen unha reflexión nos seus familiares. Neste sentido, está previsto o cambio de froitas e verduras por tabaco, no que participarán alumnos/as dos 12 centros escolares de Narón, de 6º de Educación Primaria e 1º da ESO.

Os colexios participantes son os seguintes: CPI O Feal, CEIP A Gándara, CEIP A Solaina, CEIP Virxe do Mar, CEIP Piñeiros, CEIP Ponte de Xuvia, CRA Narón, Colexio Santiago Apóstol, Colexio Ayala, e Colexio Jorge Juan. En conxunto, agárdase a participación de 400 alumnos/as ademáis das súas correspondentes familias.

O cambio de froita e verduras por tabaco realizarase nos colexios participantes e nos propios domicilios, na Praza de Galicia, no Centro de Saúde, no Centro Comercial de Narón, no Centro Comercial Dolce Vita-Odeón, e no propio Concello de Narón.

Os estudantes estarán guiados por oito educadores do programa de Dinamización e Participación Comunitaria no seu xesto de cambiar un paquete de tabaco por unha froita ou verdura. Cada alumno/a durante a semana levará unha ficha na que irá anotando o número de cigarros que é capaz de conseguir que non se fumen por parte de familiares, e os entregará no seu centro escolar.

O venres día 29 cada aula participante no programa de cada centro acudirá á Praza de Galicia, de 10:00 a 12:00 horas para pedir á cidadanía o cambio de cigarros por froita e verdura. Tódolos pitillos que se reúnan serán entregados ó Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, nese lugar. O rexedor agradecerá o xesto aportando a cada grupo escolar participante unha acreditación de “Aula Comprometida coa Saúde”.

Ademáis dos educadores, tomarán parte nesta iniciativa 12 profesores dos colexios citados, un médico do Centro de Saúde, un técnico de Educación do Servizo Sociocomunitario e o Grupo de Investigación en Saúde “Trasancos”. Esta actividade forma parte da programación de CONSANAR2009, un programa municipal para o fomento dos hábitos de vida saudables, e ten un orzamento de 2.950 euros.

Tamén dentro das actividades de CONSANAR2009 hoxe foron presentadas as Tertulias de Saúde, promovidas polo Grupo de Investigación e Traballo “Trasancos” (Sedes) en colaboración co Concello de Narón. A primeira destas charlas celebrarase o día 26 de maio, no centro cívico social de Sedes, ás 18:15 horas. Versará sobre o tema cardiovascular, e xa está confirmada a asistencia de 30 persoas. Estas tertulias, denominadas “Tersaúde”, plantéxanse coma unha clase de consulta colectiva, nas que un médico ou enfermeira presenta un tema a tratar e a continuación os presentes fan consultas o preguntas sobre o mesmo. Búscase achegar á cidadanía asuntos de saúde nunha linguaxe o máis asequible posible.

Estas tertulias irán seguidas de obradoiros de cociña saudable, denominados “Cociñaben”, de tres horas de duración, e que se realizarán intercalándoos coas charlas. Terán lugar en tódolos establecementos hosteleiros de Sedes, comenzando por Aldea Nova. Estarán impartidos por cociñeiros e dietistas especializados en menús saudables, e ensinarán a cociñar de xeito fácil, sinxelo e económico, adaptándose tamén ós que padecen doenzas coma a diabétes ou a hipertensión.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal