Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO EDITA 5.500 EXEMPLARES DUNHA GUÍA SOBRE OS POLÍGONOS INDUSTRIAIS DA CIDADE
O CONCELLO EDITA 5.500 EXEMPLARES DUNHA GUÍA SOBRE OS POLÍGONOS INDUSTRIAIS DA CIDADE
A publicación pode consultarse na páxina web do Concello e distribuirase entre colectivos e en eventos do sector, tal e como anunciou o concelleiro de Promoción Económica, David Pita
Narón, 26 de xuño de 2020. O Concello editou un total de 5.500 exemplares dunha guía da área de Promoción Económica co obxectivo de dar a coñecer entre o sector empresarial o potencial que ofrece a cidade para o asentamento nos polígonos industriais das Lagoas, A Gándara ou Río do Pozo. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, incidiu en que esta publicación “xorde co fin de ampliar o tecido industrial desta cidade, motor económico da comarca e cunhas excelentes comunicacións e conexións que favorecen o desenvolvemento empresarial”.
A publicación entregarase en asociacións empresariais e tamén estará dispoñible –cumprindo as medidas preventivas da Covid-19- en feiras e eventos vencellados ao sector. “Debido á actual situación e ás medidas sanitarias, a publicación pódese consultar, en castelán e en galego, dende a páxina web municipal, na dirección: www.naron.es”, apuntou Pita.
Un resumo cos datos básicos da creación de cada un dos tres polígonos industriais da cidade, as vías de comunicación e distancias ás principais ciudades galegas ocupa as primeiras páxinas desta publicación. Complétase coa superficie disponible en venta e un mapa de cada un dos catro sectores do polígono industrial de Río do Pozo: unha no sector un, outra no sector tres e sesenta no cuarto.
Para completar información de interese ao empresariado, tamén se recorda que o Concello se adheriu no ano 2018 ao protocolo “Concellos Doing Business”, asinado entre a Xunta de Galicia e a Fegamp e no que se contemplan bonificacións no ICIO, IBI e IAE cumprindo unha serie de requisitos dos que se poden beneficiar pequenas e medianas empresas; grandes empresas, superficies comerciais e áreas de comercio mixto ou multiproduto.


Descarga de archivos
Guía polígonos industriais de NarónTamaño: 8,36 MBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal