Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN NOVO ITINERARIO DIDÁCTICO DO PROGRAMA "NARÓN EN TRANSICIÓN" POLA COSTA ÁRTABRA
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN NOVO ITINERARIO DIDÁCTICO DO PROGRAMA
O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, avanzou que o percorrido pola zona da Costa Ártabra terá lugar o 4 de xullo
Narón, 29 de xuño de 2020. O Concello mantén aberto ata o vindeiro venres, día 3 (incluído) o prazo de inscrición nun novo itinerario do programa municipal “Narón en Transición”. A convocatoria terá lugar o vindeiro sábado, día 4, pola zona da Costa Ártabra, coa saída e chegada do percorrido nas inmediacións da Pena Molexa (O Val), tal e como indicou o concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego.
“As persoas que participen terán a oportunidade de percorrer un tramo duns sete quilómetros, por camiños de terra e sendeiros e no que, acompañados por profesionais na área de medio ambiente, poderán realizar actividades de campo sobre o ecosistema costeiro, toponimia e patrimonio locais”, explicou Galego. A saída está programada para as 10.00 e a chegada será sobre as 14.00 horas.
No itinerario didáctico poderán participar un máximo de 20 persoas, de todas as idades –os menores acompañados dunha persoa adulta- e que poderán anotarse, de balde, no correo electrónico: info@sedega.com ou no Servizo Sociocomunitario municipal (no primeiro andar do Concello, con acceso pola Praza de Galicia). A solicitude pode descargarse da páxina web do Concello (www.naron.es), según recordou o edil, que animou á veciñanza a sumarse a esta iniciativa “para desfrutar dunha xornada de lecer practicando deporte e coñecendo máis polo miúdo o noso entorno”.


Descarga de archivos
Ficha de inscriciónTamaño: 123,36 KBDescargar
Tríptico itinerarioTamaño: 3,65 MBDescargar
Cartaz itinerarioTamaño: 1,54 MBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal