Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO UNHA ANDAINA DO PROGRAMA "PRIMAVERA NO CAMIÑO"
O CONCELLO ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO UNHA ANDAINA DO PROGRAMA
As inscricións poderán tramitarse a partir de mañá mércores na Oficina de Turismo, localizada nas inmediacións da glorieta de Freixeiro, tal e como explicou a concelleira de Turismo, Natalia Hermida
Narón, 30 de xuño de 2020. O Concello de Narón participará na Andaina “Primavera no Camiño”, impulsada a través da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, da que forma parte o Consistorio. Así o anunciou a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, que avanzou que o vindeiro sábado, día 4, un máximo de 50 persoas terán a oportunidade de participar nesta iniciativa, que se desenvolverá de xeito simultáneo noutros concellos que forman parte da citada asociación. “Na nosa cidade a andaina partirá do mosteiro de San Martiño de Xuvia, no Couto, ata o paseo marítimo de Xuvia, un tramo do Camiño Inglés que se prevé realizar nunhas dúas horas”, explicou Hermida.
A saída terá lugar ás 10.00 horas, ao igual que no resto de concellos participantes, e as persoas que desexen participar deben inscribirse a partir de mañá mércores na Oficina municipal de Turismo –nas inmediacións da glorieta de Freixeiro, en horario de 10.00 e a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, rematando o prazo o venres 3 ás 13:00 horas. Para participar é preciso inscribirse cubrindo unha solicitude que se pode solicitar na propia Oficina de Turismo. Dous monitores deportivos acompañarán aos camiñantes, que como máximo poderán ter 70 anos, debido ao límite imposto polo seguro de accidentes. Co fin de cumprir coas medidas sanitarias establecidas trala crise da Covid-19 é obrigatorio levar mascarilla no caso de non ser posible polos supostos contemplados na normativa e manter a distancia de seguridade, recomendándose levar calzado cómodo e auga.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal