Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PROGRAMA "CINE DE VERÁN" COMEZA ESTE XOVES NA PRAZA DA GÁNDARA COA PROXECCIÓN DA PELÍCULA "AL AIRE PATOS"
O PROGRAMA
A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, recordou que se trata dunha proposta de balde que se desenvolverá un ano máis na zona urbana e rural do municipio
Narón, 30 de xuño de 2020. O Padroado da Cultura de Narón iniciará o vindeiro xoves, día 2, o programa “Cine de Verán”, cofinanciado un ano máis coa Deputación da Coruña. Esta proposta contempla un total de oito proxeccións, doutras tantas películas dirixidas a público infantil e que se desenvolverán en espazos públicos da zona urbana e rural do municipio. Nas xornadas previstas, todas no mes de xullo, as proxeccións comezarán ás 22.30 horas e realizaranse cumprindo con todas as medidas precisas para manter a distancia de seguridade. “As iniciativas culturais inclúen novamente unha proposta de balde para as nosas veciñas e veciños grazas á colaboración entre administracións, que fai posible desenvolver programas como este, xa consolidados no calendario estival na nosa cidade”, asegurou a alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro.
A primeira das citas co “Cine de Verán” será este xoves na Praza da Gándara, donde se poderá ver a película “Al aire patos” e este mesmo venres, día 3, na Praza Francisco Pizarro, na Solaina, proxectarase “Ralph rompe Internet”. A tempada continuará a vindeira semana, o día 9 na Praza de Galicia, no Alto, con “Spiderman, un nuevo universo”, e o día 10 en Xuvia, na Praza do colexio, con “Smallfoot”. A terceira semana, o xoves 16 proxectarase “Nocturna, una aventura mágica” na pista polideportiva de Pedroso e o venres 17 de xullo o filme “A Galiña Turuleca” na pista polideportiva de San Xiao. Finalmente, o día 23 de xullo poderase ver “Pinocho 3000” no Centro Cívico Social do Val e o día 24 “Donkey Xote” na pista polideportiva de San Mateo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal