Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN BANDO MUNICIPAL LEMBRA A OBRIGA DE MANTER AS DISTANCIAS ESTABLECIDAS PARA PLANTACIÓNS PRÓXIMAS A PISTAS E ESTRADAS E PREVIR INCENDIOS FORESTAIS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, recordou que o Concello ofrece colaboración para os casos nos que as árbores toquen cableado da iluminación pública e se precise retirar os cables para cortar pólas ou as propias árbores
Narón, 30 de xuño de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asinou un bando municipal no que se lembran as obrigas establecidas a nivel autonómico sobre as distancias que deben manter as plantacións con pistas e estradas.para os propietarios ou propietarias dos terreos colindantes coas mesmas. No documento incídese en que a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de Montes de Galicia, esixe que eses terreos estean libres de arbolado en distancias que, en función das vías e especies, van dos 2 ata os 10 metros de dominio público. Ante as vagas de incendios que se suceden cada verán a Xunta de Galicia modificou as leis de Prevención e Defensa contra os incendios forestais de Galicia e a de Montes de Galicia, nas que se recollen novas obrigas nas plantacións. Dende o Concello de Narón ofrécese a colaboración de empregados municipais para aqueles casos nos que as árbores toquen en cableado de iluminación pública e sexa preciso retirar os cables para cortar as pólas ou as propias árbores. Ferreiro explicou que nestes supostos, se pode chamar ao departamento de Servizos Externos, no teléfono 981 397 007 ou informar directamente ao persoal do Consistorio nas instalacións da Nave de Cabalar (estrada de Cedeira, 10). A normativa autonómica nesta materia contempla sancións que van dende os 1.000 euros das calificadas como leves ata 1.000.000 de euros das moi graves. Nas redes secundarias de faixas e xestión de biomasa é obrigatorio xestionar a biomasa vexetal antes de que remate o mes de maio de cada ano, nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, solo de núcleo rural e solo urbanizable, arredor das edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras, parques e instalacións industriais situadas a menos de 400 metros do monte e tamén arredor das edificacións illadas no solo rústico que están a máis de 400 metros do monte, tal e como figura no documento. “É fundamental a responsabilidade das veciñas e veciños para evitar calquera tipo de problemas derivados dun incorrecto mantemento das súas propiedades, porque tan só se están nas condicións óptimas de limpeza e se cumpre a normativa vixente poderemos previr a propagación do lume en caso de incendios ou tamén que as árbores causen danos en inmobles, vías e no cableado aéreo”, subliñou a alcaldesa. O bando municipal remitiuse ás entidades veciñais da cidade para difundilo na zon urbana e rural e tamén se pode consultar ao completo na páxina web do Concello: www.naron.es.
Descarga de archivos
Bando Lei de Montes de Galicia
Tamaño:118,41 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal