Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INCORPORA A NOVE PERSOAS PERCEPTORAS DA RENTA DE INTEGRACIÓN SOCIAL DE GALICIA PARA REALIZAR OBRAS OU SERVIZOS DURANTE SETE MESES
O edil de Servizos, Ibán Santalla, deu a benvida ao persoal contratado e que realiza xa as tarefas asignadas en diferentes áreas
Narón, 1 de xullo de 2020. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, anunciou a contratación dun total de nove persoas en situación de risco ou exclusión social perceptoras da Renta de Integración Social de Galicia (Risga) e que xa están desenvolvendo diferentes labores na cidade. O edil deu a benvida aos homes e mulleres contratados na primeira xornada, na que realizaron un curso de Prevención de Riscos Laborais para, ao longo desta semana, traballar xa nas áreas que lles foron asignadas durante os vindeiros sete meses, período de duración destes contratros. “Estas persoas realizarán traballos de albanelería, pintura, mantemento, desbroces… e unha delas exercerá como capataz do grupo, organizando o labor diario de cada un deles”, explicou Santalla. O concelleiro recordoulles a importancia de “cumprir todas as medidas hixiénicas e de seguridade establecidas para a prevención do coronavirus, facendo uso do material que se lles proporcionará dende o Concello”. Dúas das persoas contratadas están realizando traballos de albanelería, unha colabora no reparto de vallas, dúas máis están con tarefas de pintura e mantemento; tres realizando desbroces e a outra exerce como capataz. Os custes salariais destes contratos asúmeos a administración autonómica, con competencias nesta área, debendo estar vencellados á realización de obras e servizos de interese xeral e utilidade social, tal e como figura na convocatoria do Diario Oficial de Galicia. O Concello de Narón acóllese cada ano á citada convocatoria, “entendendo que é unha iniciativa que promove a inserción laboral dun colectivo moi concreto e que, en determinados casos, remata na consecución dun emprego a máis longo prazo ou dunha experiencia práctica que lles ofrece unhas garantías de cara a formar parte do mercado laboral”, apuntou Santalla.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal