Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ENTREGA A PRIMEIRA ACREDITACIÓN DE "LOCAL SEGURO" FRONTE Á COVID-19 A UN ESTABLECEMENTO DE HOSTALERÍA DA CIDADE
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregou a acreditación ao propietario do restaurante A Serra, en Pedroso
Narón, 1 de xullo de 2020. O Concello de Narón comezou a implantar o Manual de uso da Covid-19 entre o sector hostaleiro local co fin de avanzar no proceso de desescalada cumprindo todas as medidas de prevención estipuladas polas autoridades. O edil de Promoción Económica, David Pita, desprazouse onte con persoal do Speis de Narón ao establecemento A Serra, na parroquia de Pedroso, para entregar ao seu propietario o material informativo e ofrecer as instruccións oportunas para unha reapertura segura do establecemento. “Dende o Concello ofrecemos tanto ao sector hostaleiro como ao comercial a posibilidade de estudar cada caso e facilitarlles o tránsito cara á nova normalidade a medida que os establecementos vaian reabrindo ao público ou teñan a posibilidade de acoller a máis clientela”, explicou Pita. O edil indicou que tras informar ao persoal do Speis do seu interese por dispoñer deste servizo –a través do número de teléfono 647 622 245- vanse atendendo as peticións a medida que se reciben e se coordinan con outras labores encomendadas aos citados profesionais municipais. “Queremos colaborar ao máximo dende a administración local para que os propietarios e propietarias dos establecementos da cidade dispoñan de toda a información precisa e, para iso, tamén lles entregamos material informativo sobre a importancia de manter a distancia de seguridade, o uso de xel hidroalcohólico, a colocación do mobiliario para garantir esa seguridade entre as persoas e acreditalos como locais seguros fronte á Covid-19”, explicou o concelleiro. O resultado deste traballo é froito dunha visita previa aos establecementos por parte de persoal técnico, que tamén realiza un seguemento do cumprimento desas medidas, “máis importantes que nunca en materia de prevención para entre todas e todos frear a posible propagación do coronavirus”, subliñou.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal