Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO LICITA OBRAS DE EFICIENCA ENERXÉTICA EN TRES PARROQUIAS DA ZONA RURAL ORZAMENTADAS EN 101.440 EUROS
O CONCELLO LICITA OBRAS DE EFICIENCA ENERXÉTICA EN TRES PARROQUIAS DA ZONA RURAL ORZAMENTADAS EN 101.440 EUROS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou os traballos executados e proxectados na cidade en materia de eficiencia enerxética, que nos vindeiros meses suporán un investimento de máis de 380.000 euros
Narón, 2 de xullo de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, anunciou a licitación de actuacións de eficiencia enerxética na zona rural da cidade por un importe de 101.440 euros. Trátase dun proxecto que se cofinanciará coa Deputación Provincial e que permitirá instalar alumeado led en tres núcleos doutras tantas parroquias da localidade. “Continuamos avanzando en materia de mellora de eficiencia enerxética, substituíndo vellas luminarias por outras máis económicas en mantemento e en consumo que xa se instalaron en varios puntos de luz da zona urbana e tamén da rural e que nos vindeiros meses se instalarán nas Viñas (San Mateo), A Fraga, (San Xiao) e A Braña (Doso)”, avanzou Ferreiro. As empresas interesadas en presentar ofertas económicas a este contrato poden facelo ata o vindeiro 7 de xullo –ás 23.59 horas- a través da Sede Electrónica do Concello, donde están dispoñibles os pregos técnico e administrativo.
Ferreiro explicou que en conxunto, nos citados lugares das tres parroquias naronesas se procederá a substituír 261 luminarias, a maiores de acometer reformas nalgúns cadros de mando e proceder ao subministro e instalación de elementos complementarios. “Nos últimos anos estamos levando a cabo importantes investimentos para mellorar a eficiencia enerxética tanto de alumeado público como de instalacións e edificios municipais, cuns resultados que consideramos moi satisfactorios tanto no que respecta ao aforro económico como á mellora nas condicións de iluminación que presenta a tecnoloxía led en relación coas antigas luminarias e a redución da contaminación atmosférica”, asegurou a alcaldesa.
Na parroquia de San Mateo, no lugar das Viñas, substituiranse un total de 85 luminarias; na de San Xiao, na zona da Fraga, 81 e, por último, según se recolle neste proxecto, na parroquia de Doso, no lugar da Braña, as 95 restantes, a maiores dalgúns equipos.
“No actual mandato continuaremos impulsando proxectos de mellora da eficiencia enerxética na cidade, donde recentemente se nos concedeu unha subvención, enmarcada no programa operativo Feder de crecemento sostible 2014-2020 para cofinanciar outro proxecto de mellora do alumeado público na cidade, neste caso valorado en 283.295 euros para substituír 430 puntos de luz ubicados en áreas de interconexión entre zonas industriais e zonas urbanas, e en viais de acceso xeral entre núcleos”, destacou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal