Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COLABORARÁ CO FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE NUN PROXECTO DE PREVENCIÓN FRONTE Á COVID-19 EN MOZAMBIQUE
A edil de Benestar Social, Catalina García, explicou que con cargo a este proxecto se entregará material de protección fronte á Covid-19 a preto de dous millóns de persoas de nove municipios
Narón, 2 de xullo de 2020. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, participou na asemblea xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade celebrada de xeito virtual e na que se aprobaron por unanimidade as Liñas Estratéxicas 2020-2023 e o Plan de Actividades 2020. Na convocatoria saíu adiante un proxecto de cooperación para o desenvolvemento, enmarcado na crise pola Covid-19, que suporá un investimento de 18.126 euros en Mozambique e para o que o Concello naronés aportará unha partida de 12.000 euros, tal e como indicou García. “O proxecto no que participará o Concello é de Axuda de Emerxencia contra os impactos do coronavirus nos municipios mozambicanos e permitirá contribuír coa Asociación Nacional de Municipios de Mozambique e co propio goberno do país africano a minimizar o risco de infección entre a poboación”, apuntou a concelleira de Benestar Social. “A través desta iniciativa minimizarase o número de persoas infectadas por esta pandemia en nove municipios de Mozambique (Maxixe, Mocuba, Maganja da Costa, Quelimane, Monapo, Angoche, Lichinga, Cuamba e Metangula), donde se rexistra unha gran circulación de transporte de cargas e poboacional debido á actividade económica que se desenvolve nos mesmos e tamén un elevado índice de poboación empobrecida”, explicou García. A edil naronesa apuntou que con cargo a este proxecto recibirán material de protección preto de dous millóns de persoas, de xeito directo: máscaras, pulverizadores, produtos de pulverización e outros equipos de protección fronte á Covid-19. “Dende o Concello de Narón estase redactando un convenio co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade por importe de 12.000 euros que irá orientado a contribuír con proxectos do Fondo Galego, ou situacións de emerxencia que se produzan noutros países”, apuntou a edil de Benestar Social.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal