Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APROBADA POR UNANIMIDADE NO PLENO A MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVIZOS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
A modificación contempla a aplicación da gratuidade de atención educativa a partir da matriculación nas Escolas Infantís Municipais do segundo fillo ou filla da unidade familiar
Narón, 3 de xullo de 2020. A corporación local celebrou esta mañá, ás 9.00 horas un pleno extraordinario con carácter presencial, o primeiro no salón de plenos tras decretarse o estado de alarma, período no que se mantiveron as sesións, así como Comisións e Xuntas de Goberno, a través de videoconferencia. Na sesión plenaria aprobouse de xeito provisional, e por unanimidade, a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación dos servizos das Escolas Infantís Municipais (A Solaina, A Gándara e Piñeiros). A modificación, tal e como indicou o portavoz de Terra Galega, Román Romero, afecta á aplicación da gratuidade de atención educativa a partir da matriculación nas Escolas Infantís Municipais do segundo fillo ou filla da unidade familiar, incluídos. Esta medida, impulsada dende a administración autonómica, quedará recollida na citada ordenanza municipal. A modificación someterase a información pública e audiencia durante un prazo dun mes para presentar, no caso de consideralo oportuno, reclamacións e suxestións. Se non se presentan o acordo será definitivo e a ordenanza coas modificacións aprobadas entrará en vigor un día despois de publicarse no BOP para aplicala a partir do 1 de setembro deste ano.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal