Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CRISE DA COVID-19 OBRIGA A CAMBIAR VARIOS COLEXIOS ELECTORAIS PARA A XORNADA DO 12 DE XULLO
O cumprimento das medidas sanitarias levará a cambiar varios distritos e seccións dun total de catro colexios electorais da cidade
Narón, 3 de xullo de 2020. O Concello informa á veciñanza de que o vindeiro 12 de xullo, con motivo das eleccións ao Parlamento de Galicia e ante a crise da Covid-19, realizáronse unha serie de cambios nalgúns colexios electorais da cidade para cumprir coas medidas sanitarias recollidas no protocolo da administración autonómica a causa do coronavirus. En Narón, os electores do Distrito 2, Sección 3 que votaban na escola do Val terán que ir, ata novo aviso, ao local social do Val para exercer o seu voto. Así mesmo, no caso dos do Distrito 4 e seccións 1 e 14, que votaban no local social de Piñeiros, deberán ir ao pavillón do colexio de Piñeiros. Os electores do Distrito 4, seccións 7 e 20, que votaban nas instalacións do CEIP Virxe do Mar, farano no local social Virxe do Mar e os do Distrito 4 e seccións 8, 9, 10, 13 e 18 que votaban no CEIP A Gándara, terán que dirixirse na xornada electoral para votar ao Pavillón da Mocidade, tamén na Gándara.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal