Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E OS PORTAVOCES DOS GRUPOS POLÍTICOS DA CORPORACIÓN LOCAL REUNÍRONSE COS REPRESENTANTES DO COMITÉ DE EMPRESA DO HOSPITAL JUAN CARDONA
A rexedora local, Marián Ferreiro, comprometeuse a levar ao pleno una declaración institucional en defensa das reivindicacións do colectivo
Narón, 3 de xullo de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu esta tarde no Concello unha reunión dos portavoces dos grupos políticos da corporación local –Román Romero (TEGA); David Pita (PSOE), Germán Castrillón (PP) e Olaia Ledo (BNG)- cos representantes das traballadoras e traballadores do hospital Juan Cardona, de Ferrol. O colectivo trasladoulle aos políticos locais a actual situación do centro e a súa preocupación despois de que a dirección do centro lles anunciase a súa intención de retirar dous complementos salariais das súas nóminas, o que suporía unha merma nos seus ingresos de entre 200 e 250 euros, según aseguran os afectados. A aplicación destes recortes salariais deriva, tal e como lles trasladaron, da redución na actividade do centro derivada pola merma de pacientes derivados do Sergas debido á crise da Covid-19, unha xustificación que non respalda o comité de empresa. A situación complícase tamén, indican, polo retraso que acumula a negociación dun novo convenio co Sergas –o anterior expirou o pasado 31 de marzo e prorrogouse ata seis meses despois do fin do estado de alarma-. Representantes do comité de empresa aseguraron que os responsables do hospital actúan de “mala fe”, incidiron en que “cando houbo ganancias, como dixeron nos últimos catro anos, non se repartiron entre os traballadores e traballadoras”. Así mesmo, subliñaron que “na negociación que nos plantexan agora, o comité de empresa non vai permitir negociar nada que supoña aos traballadores a perda dun só euro das súas nóminas, dos dereitos adquiridos”. Tras escoitar aos integrantes do comité de empresa do hospital Juan Cardona –cun plantel integrado por unhas 300 persoas e concertado ao 82% co Sergas- a alcaldesa, Marián Ferreiro, comprometeuse a levar ao pleno unha declaración institucional en defensa das súas reivindicacións, co fin de que se garantan as súas condicións laborais. Así mesmo, recordou a manifestación que terá lugar o vindeiro domingo, día 5, con saída ás 10.00 horas do hospital en dirección á Praza de Amboaxe, en Ferrol.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal