Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR AO ESPECTÁCULO "ÑAM!" ORGANIZADO NO CAFÉ TEATRO DO PAZO DA CULTURA
La concejala de Educación, Mercedes Taibo, indicó que se trata de una propuesta del programa Apego dirigida a niñas y niños de 1 a 6 años
Narón, 4 de xullo de 2020. O Concello de Narón programa unha nova actividade a través do Servizo de Normalización Lingüística e enmarcada no programa Apego, de socialización de nenas e nenos en galego. A convocatoria –de balde- terá lugar o vindeiro mércores, día 8, nas instalacións do Café Teatro do Pazo da Cultura, donde a partir das 19.30 horas se poderá ver o espectáculo “Ñam!”, tal e como avanzou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo. O espectáculo está artellado a partir do mundo da cociña, para que o público poida ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia. A proposta diríxese a nenas e nenos de 1 a 6 anos e ás súas familias, podendo asistir un máximo de 25 menores acompañados, como mínimo, dunha persoa adulta. Para poder asistir é preciso inscribirse previamente escribindo un correo electrónico á dirección: a.pita@naron.es no que se facilitará o nome da actividade, o nome e idade do neno ou nena, o nome da nai, o pai ou a persoa que acompañará ao menor, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. Debido á actual situación derivada da Covid-19 é obrigatorio o uso de máscara en todo o local para as persoas adultas e para os menroes a partir de seis anos, según recalcou a edil.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal