Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A BIBLIOTECA MUNICIPAL IMPULSA A INICIATIVA #BIBLIOVERÁNENGALICIA PARA FOMENTAR O TURISMO E DIFUNDIR PUBLICACIÓNS DE CONCELLOS GALEGOS
A BIBLIOTECA MUNICIPAL IMPULSA A INICIATIVA #BIBLIOVERÁNENGALICIA PARA FOMENTAR O TURISMO E DIFUNDIR PUBLICACIÓNS DE CONCELLOS GALEGOS
A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, agradeceu a colaboración de varias bibliotecas galegas que se sumaron xa a esta proposta
Narón, 7 de xullo de 2020. A Biblioteca Municipal de Narón, integrada na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, impulsou unha iniciativa para ofrecer conxuntamente aos seus usuarios e usuarias unha nova proposta para o verán: o #BiblioVeránEnGalicia. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que cada día de luns a venres, ás 12.00 horas, as bibliotecas realizan unha publicación nas súas redes sociais co cancelo #biblioveranengalicia, dando a coñecer lugares de interese do seu concello e tamén libros para coñecelo mellor.
“O obxectivo desta iniciativa é contribuír, dende as bibliotecas, a fomentar o turismo, animando á xente de tódalas idades a través das redes sociais a coñecer cada recuncho dos nosos concellos”, explicou Taibo. No caso de Narón, publicitouse a través desta proposta a guía “Coñecer Narón en nove itinerarios”, con imaxes do paseo de Xuvia, do Chalé de Antón, o Pazo Libunca, o mosteiro de San Martiño de Xuvia (O Couto)… Dende o inicio desta iniciativa, o pasado mes de xuño, xa se poden ver publicacións de concellos como As Pontes, Caldas de Reis, Ribadavia, O Saviñao, Miño, Xinzo de Limia e Oroso.
No período do confinamento durante o estado de alarma, varias bibliotecas municipais da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia protagonizaron a iniciativa #horadoconto, que consistiu en compartir cada tarde, ás 17.00 horas, un conto en formato audiovisual para facer máis levadeira a estancia nas súas casas ás nenas e nenos. A maiores, elaboraron un vídeo conxunto –publicado o 23 de abril, coincidindo coa conmemoración do Día do Libro- no que cada biblioteca pasaba un libro a outra, realizando unha cadea entre todas elas que se pode ver na canle de You Tube, no enlace: https://www.youtube.com/watch?v=4LxbFtU6IJA.
“Quero agradecer a colaboración de todas as bibliotecas que se están sumando a esta iniciativa e animar á cidadanía a coñecer un pouco mellor estes concellos a través das redes sociais, con imaxes e un pequeno resumo que nos vai levando por varias localidades galegas”, asegurou Taibo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2020 >>>

LMMXVSD
 
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal