Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO PUBLICA A LISTAXE DE SOLICITUDES APROBADAS, DENEGADAS E SUBSANABLES DO PROGRAMA MUNICIPAL "NARÓN IMPULSA"
O CONCELLO PUBLICA A LISTAXE DE SOLICITUDES APROBADAS, DENEGADAS E SUBSANABLES DO PROGRAMA MUNICIPAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, anunciou que as empresas que teñan que subsanar algún erro ou aportar documentación a maiores deben facelo dende mañá, día 8, ata o 21 de xullo, incluído
Narón, 7 de xullo de 2020. O Concello publicou hoxe a proposta provisional do programa municipal “Narón impulsa” na que se recollen as listaxes das empresas admitidas para a obtención destas subvencións, as inadmitidas e as que teñen que subsanar erros na documentación presentada ou aportar máis documentos. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, anunciou que as empresarias e empresarios da cidade que solicitaron estas subvencións, creadas para minimizar o impacto económico da Covid-19 no sector, dispoñen dez días de prazo –dende mañá ata o 21 de xullo, incluído- para proceder a subsanar os erros detectados ou aporten a documentación requerida, que se especifica en cada un dos casos. O listaxe pode consultarse na Sede Electrónica do Concello, a través do enlace: https://sedeelectronica.naron.es/siac/Tablon.aspx e tamén na web do Concello: www.naron.es.
O documento consta dun total de tres listaxes, nas que se contemplan a totalidade das solicitudes presentadas ás subvencións deste programa, dotado inicialmente cunha partida económica de tres millóns de euros. A alcaldesa explicou que no primeiro dos anexos están as empresas propostas como beneficiarias, que reúnen todos os requisitos e documentación que se esixiron para poder acceder a esta convocatoria. Nesa situación, indicou, atópanse un total de 59 solicitudes.
No anexo II están as solicitudes que resultaron desestimadas por incumprir os requisitos que establecía a convocatoria –especificados en cada caso- , sumando un total, apuntou Ferreiro, de 57 e, por último, no anexo III recóllense as restantes 634 solicitudes, de persoas que non achegaron a totalidade da documentación esixida na convocatoria e especificando tamén a documentación requerida a efectos de subsanación no prazo establecido.
“Nesta listaxe provisional contémplase a concesión de 42 axudas por importe de 2.000 euros; 13 de 3.000 euros e 4 de 4.000 euros, do total das 59 aprobadas nesta listaxe.
“A práctica totalidade das solicitudes que figuran neste listado como subsanables, unhas 600 das 634, presentaron dun xeito incorrecto a documentación, pero dispoñen destes dez días de prazo para poder achegar os documentos pertinentes para acceder ás subvencións, que confiamos en que poidan chegar ao maior número posible de empresas, microempresas e autónomos da cidade, fin para o que se habilitaron”, subliñou Ferreiro.
As persoas que desexen contactar con departamento de Tesourería para solventar algunha dúbida poden chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1408 e 1406) e para outra documentación, co Servizo Sociocomunitario, no mesmo teléfono e nas extensións 1123, 1110 e 1114.
Unha vez transcorrido o prazo de dez días, tal e como recordou Ferreiro, co informe do Servizo Instructor a nova proposta levarase á Comisión de Valoración para que a someta a aprobación do órgano competente e se publique novamente.
As subvencións do programa son de 2.000 euros para persoas físicas ou xurídicas sen persoal por conta allea ao seu cargo ou con ata dous traballadores/as a 1 de marzo deste ano; de 3.000 para persoas físicas e xurídicas con entre 3 e 9 traballadores/as tamén a 1 de marzo e, por último, de 4.000 euros para o mesmo colectivo pero cun cadro de persoal de entre 10 e 49 empregados/as a 1 de marzo deste ano. Aquelas persoas que reciban as subvencións do programa “Narón impulsa” deberán presentar no mes de xaneiro do vindeiro ano documentación xustificativa de que cumpriron as obrigas establecidas nas bases desta convocatoria.


Descarga de archivos
Proposta provisional "Narón impulsa"Tamaño: 1,10 MBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal