Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE "NOITE NO MOSTEIRO" CON ILUMINACIÓN ARTÍSTICA E UN CONCERTO DE MÚSICA CLÁSICA
O CONCELLO ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, anunciou que a cita será o sábado 18 a partir das 22.30 horas
Narón, 8 de xullo de 2020. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, anunciou a celebración, o vindeiro sábado 18 de xullo, dunha nova edición da proposta “Noites no mosteiro”. O cenobio de San Martiño de Xuvia, no Couto, iluminarase no exterior cunha creación artística de varias cores, de 22.30 a 01.00 horas, ambientando un dos edificios relixiosos máis recoñecidos na cidade, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) e ubicado nun tramo do Camiño Inglés e o Camiño de San Andrés. A maiores, nese mesmo horario, tal e como indicou Hermida, haberá un concerto de acompañamento tamén no exterior do mosteiro (na zona traseira dos ábsides) do grupo de música clásica “The Duelist”, de violín e chelo.
“O concerto constará de tres pases de aproximadamente vinte minutos de duración cada un deles, cunha pausa de dez minutos entre os tres, e será obrigatorio acudir con máscara, dando así cumprimento ás recomendacións sanitarias pola crise da Covid-19”, explicou a edil naronesa. O acceso á zona estará permitido a partir das 22.00 horas e haberá un protocolo coa sinalización correspondente adaptado ás circunstancias actuais.
Hermida agradeceu a colaboración da parroquia de San Martiño de Xuvia, por ceder as instalacións para realizar un ano máis este evento, e animou á veciñanza de Narón e doutros concellos a acudir a esta cita, unha das clásicas na tempada estival da cidade e que se retoma con todas as garantías, para o que se require a colaboración de todas as persoas que asistan e que de antemán agradeceu a concelleira de Turismo. “O noso obxectivo e seguir facendo programas ou eventos con protocolos viables para ofrecer alternativas de ocio, promocionar os marabillosos recursos turísticos que ten o Concello de Narón e, dalgún modo, impulsar tamén ás empresas do sector”, asegurou Hermida.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2020 >>>

LMMXVSD
 
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal