Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE NOVA ADMISIÓN DE NENAS E NENOS NAS TRES ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que se abrirá un prazo de dez días, contados a partir de mañá, para presentar posibles alegacións
Narón, 9 de xullo de 2020. O Concello fixo pública esta mañá a listaxe provisional de admitidos nas escolas infantís municipais, que poden consultar as familias na páxina web do Concello, a través do enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/escuelas_infantis/. As persoas que desexen consultar as listaxes ou solventar algunha dúbida poden tamén chamar ao Servizo Sociocomunitario Municipal, ao teléfono 981 337 700 (extensións: 1108, 1109 e 1111). A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que “ao tratarse dunha listaxe provisional establecerase un prazo de dez días, contados a partir de mañá, para que as familias poidan presentar posibles reclamacións, no caso de consideralo oportuno”. Ante a actual situación de crise sanitaria, esas reclamacións deberán presentarse no Servizo Sociocomunitario –no primeiro andar do Concello- donde as recollerán para proceder a rexistralas oficialmente e comunicarllo ás familias unha vez realizado o trámite. En total, rexistráronse 131 peticións, das que obtiveron praza 106 nalgunha das escolas, tras realizarse a valoración. No caso dos menores nados este ano contabilizáronse un total de 26 solicitudes, das que se concederon dez na escola municipal infantil de Piñeiros, oito na da Solaina e as oito restantes na da Gándara. Na listaxe de nenas e nenos nados en 2019 o número total de solicitudes foi de 58, a maior das tres franxas de idade das escolas infantís municipais, e concedéronse 14 na Gándara, 12 na Solaina, 8 en Piñeiros e quedaron sen praza os 24 restantes. Finalmente, no caso dos nados no ano 2018 rexistráronse 47 solicitudes, das que 17 teñen concedido na listaxe provisional A Gándara, 16 Piñeiros e 13 A Solaina, quedando neste cupo un menor sen praza. Mercedes Taibo explicou que unha vez finalizado o prazo de presentación de reclamacións estudarase cada unha delas para proceder a elaborar as listaxes definitivas de menores admitidos nas Escolas Infantís Municipais e, posteriormente establecer o prazo de formalización das matrículas do curso 2020-2021. Este ano, a partir do mes de setembro aplicarase a gratuidade de atención educativa a partir da matriculación nestes centros do segundo fillo ou filla da unidade familiar, estes incluídos, tal e como se aprobou no último pleno extraordinario, celebrado a comezos deste mes de xullo, recordou a edil de Ensino.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal