Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN TERRA RENDIBLE UNHA CHARLA SOBRE "OLIVEIRAS EN NARÓN?"
Os edís de Promoción Económica, David Pita, e Medio Ambiente, Santiago Galego, presentaron a iniciativa co presidente da Asociación Agroforestal Terra Rendible, Manuel Fernández
Narón, 11 de xullo de 2020. O Concello de Narón organiza, en colaboración coa Asociación Agroforestal Terra Rendible e a AVV Os Irmandiños, do Val, a charla: “Oliveiras en Narón?”. Os edís de Promoción Económica e Medio Ambiente, David Pita e Santiago Galego, respectivamente, presentaron xunto con Manuel Fernández, presidente de Terra Rendible, a convocatoria, que terá lugar o vindeiro sábado, 18 de xullo, nas inmediacións do local social do Val a partir das 11.00 horas. Atendendo á actual situación sanitaria será preciso inscribirse previamente, a través do correo electrónico: terrarendible@gmail.com ou do número de teléfono 604 024 849, debendo indicar o nome e apelidos da persoa que asistirá, enderezo e número de teléfono. O edil de Promoción Económica explicou que o biólogo e presidente de Amiaquigal, José Espinosa, e o veterinario e xerente de Viveiros Pazos do Sil, Pedro Murías, serán os encargados das intervencións que terán lugar nesta xornada, centrada nas oliveiras. “É un acto didáctico e experimental a ver se hai posibilidade de ter plantacións de oliveiras e producir aceite en Narón, unha posibilidade que imos avaliar aprendendo un pouco sobre a experiencia que teñen en Quiroga, cos dous ponentes desta charla”, avanzou Fernández, que agradeceu a colaboración do Concello para organizar este acto. Despois da exposición os asistentes poderán formularlles preguntas a os dous profesionais e, para rematar, programamos unha cata de aceite e unha visita pola zona a terreos nos que puidesen ser viables esas plantacións. O concelleiro de Promoción Económica de Narón, David Pita, asegurou que “dende o Concello estamos moi contentos co traballo que está realizando Terra Rendible para analizar a viabilidade de plantación de cultivos alternativos” e comprometeu o respaldo da administración local a este tipo de iniciativas. Así mesmo, destacou a importancia deste evento “necesario para Narón” e animou á veciñanza a acudir a esta convocatoria. Finalmente, o edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, apuntou que “dende o Concello intentaremos potenciar cada vez máis o sector primario con outros tipos de produtos de referencia na zona” e asegurou que “Narón tamén pode ser un potencial concello de cultivo de oliveiras”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal