Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O 10º ENCONTRO DE MAIORES CELÉBRASE O 27 DE XUÑO EN PEDROSO
O 10º ENCONTRO DE MAIORES CELÉBRASE O 27 DE XUÑO EN PEDROSO
As entradas están á venda nas asociacións de veciños e asociacións da 3ª idade de Narón.
Narón, 5 de Xuño de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Maiores, Mª del Carmen Espada, presentaron hoxe a 10ª edición do Encontro Municipal de Persoas Maiores, que se celebrará o vindeiro 27 de xuño na área recreativa de Pedroso. Tal e como apuntou o Alcalde, está prevista a asistencia de máis de 1.000 persoas, entre maiores que participan nas actividades municipais e público en xeral.

O programa de actividades deste Encontro de Maiores é o seguinte:

9:30 horas.- Chegada dos participantes
10:00 horas.- Demostración de actividades (yoga, ximnasia, e obradoiros de memoria, entre outros)
13:00 horas.- Clausura das actividades, actuación da Coral de Maiores de Narón, e entrega de premios do II Campionato de Tute de Maiores.
14:00 horas.- Xantar.
17:00 horas.- Baile e actividades.
20:30 horas.- Regreso.

De xeito paralelo, durante toda a xornada haberá tamén obradoiros de xogos populares, demostracións en vivo de artesáns –que harán exhibicións de oficios antigos- e circuitos saudables.

O Alcalde e a delegada de Maiores coincidiron en definir este evento coma “unha forma de propiciar o encontro entre persoas das diferentes parroquias de Narón, pero tamén é un colofón ó programa de atención a maiores”, dixo Mª del Carmen Espada.

As entradas para participar neste Encontro están á venta nas asociacións de veciños e tamén nas asociacións de maiores de Narón ó prezo de 5 euros, transporte incluido. O Concello habilitará 13 autobuses para trasladar ós maiores das zonas urbana e rural ata Pedroso, onde se instalará unha carpa na que se celebrará o xantar.

A venta de entradas realizarase en dous prazos: do 1 ó 7 de xuño estarán á disposición das persoas que participant nas actividades do programa municipal de atención a maiores, e do 9 ó 14 de xuño poderán mercalas os maiores de 60 anos empadroados en Narón, que non participan nas actividades municipais.

O Encontro Municipal de Persoas Maiores está organizado pola Concellería de Persoas Maiores e o Servizo Sociocomunitario Municipal, en colaboración co movemento asociativo de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal